venres, 10 de abril de 2015


¡ DEMASIADO TARDE !

O 3 de xuño de 2013 Logo de varias xuntanzas da comisión cidadá composta por entidades do terceiro sector social da cidade, polo colectivo stop-desafiuzamentos e por formacións políticas con e sen representación política no Concello de Ourense, creada dentro do marco do pacto cívico do concello de Ourense aprobase unha moción recoñecendo a problemática dos desafiuzamentos que están a vivir varias familias e que ía en aumento.

No punto 4 acordase a creación dunha comisión técnica, integrada por un representante dos S.S do Concello un técnico municipal dos S.S,, un psicólogo, un educador social, unha traballadora social, un avogado, un representante do concello, un representante da Xunta de Galicia, un representante do Colectivo Stop-desafiuzamentos, unha ou varias persoas afectadas por desafiuzamentos.

Dende a primeira xuntanza o representante da Xunta de Galicia non se presentou as reunións desta comisión técnica de seguimento integral das persoas afectadas por desafiuzamentos.

Debemos lembrar que o Estatuto de Autonomía de Galicia, non seu Titulo II, Capitulo I, artigo 27.3, di que corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia de Ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda.

A postura do Concello de Ourense non amosou moito máis interese, movéndose máis pola presión social que polo interese que lle debería ser propio a quen representa a cidadanía de Ourense. Diste xeito solo se fixeron dúas xuntanzas desta comisión técnica deixando de funcionar pola falla de interese do Concello e Sobre todo da Xunta onde recae a política de vivenda.

O motivo deste comunicado e sinalar a falta de ética que supón que unha formación política como o PSOE, xa en precampaña electoral diga, logo de que no congreso sacasen adiante a lei de desahucios express sen ir acompañada de garantías precisas para facer efectivo o dereito a unha vivenda digna; Que logo de 4 anos de política municipal sen tomar medidas concretas, como declarar o Concenllo de Ourense libre de desafiuzamentos ou de premer as entidades financeiras con vivendas baleiras na SAREB (Banco Malo), ou de esixirlle a Xunta de Galicia máis vivenda social, nos veña agora con propaganda electoral dicindo.

“PONDREMOS OFICINAS ANTIDESAHUCIOS PARA ASESORAR A AFECTADOS Y MEDIAR CON BANCOS”.

Tivo 4 anos para facelo e non o fixo...¡ DEMASIADO TARDE !.

martes, 3 de marzo de 2015




 ¡ GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE ACUDIRON ESTA MAÑA A DARLLE APOIO A MARÍA E A SÚA FAMILIA !





Enlaces da nova:
http://www.laregion.es/album/ourense/imagenes-desahucio-familia-maria-pilar/20150303165333527926.html

http://www.infolibre.es/noticias/politica/2015/03/03/una_deuda_170_euros_deja_una_familia_ourense_con_bebe_calle_29199_1012.html



 ¡ GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE ACUDIRON ESTA MAÑA A DARLLE APOIO A MARÍA E A SÚA FAMILIA !

Finalmente a maquinaria do estado funcionou a perfección cando se tratou de actuar contra unha muller con unha filla de 1 ano ,que o único malo que fixo foi deixar de ter traballo como autónoma, a consecuencia de que unha empresa de maior tamaño se fixo coa limpeza dos locais que ela limpiaba, deixando de percibir ingresos e véndose obrigada a escoller pagar o aluguer ou alimentarse.

Si realmente viviramos nunha democracia sustentada nun estado de dereito isto non tería pasado. Acaso se lle pode chamar estado de dereito aquel que rompe o equilibrio do contrato social en beneficio único e exclusivo dunha xerarquía, corrupta e indemne ante a xustiza, mentres persoas e familias están o límite da pobreza e son lanzadas da súas vivendas ou viven na inseguridade perpetua sen saber cando perderán a súa casa.

A ausencia de residencia leva consigo na práctica a imposibilidade de exercer outros dereitos e impide ás persoas afectadas realizárense, tanto profesional como familiarmente e en moitos casos supón a condena á exclusión social.

No territorio galego o 18% das vivendas están baleiras Ourense lidera a media do estado con un 22,7% do total 55.936 de 245.970.

A única solución que lle ofreceu a Xunta de Galicia foi unha vivenda a 140 km, en Carballeda de Valdeorras, ou a 50 km en Castro Caldelas, sen importarlle o arraigo familiar ou as posibilidades de atopar emprego.

O concello de Ourense ofreceulle unha axuda de emerxencia, que ten que ser liberada pola Parroquia das Caldas por non chegar a tempo, (logo non é de emerxencia), para aportar as dúas mensualidades que piden por adiantado.
Con este diñeiro e o apio das compañeiras do colectivo stop-desafiuzamentos Ourense conseguise outro piso de aluguer sen mobles e axúdeselle a facer a mudanza.

Mentres se expulsa a María da súa casa a SAREB ( Sociedade de xestión de activos para a Reestruturación bancaria), tamén chamado BANCO MALO, segue a ter vivenda apalancada (ACTIVOS TÓXICOS A ESPERA DE SER MERCADAS POR FONDOS VOITRES) da entidades financeiras as que rescatamos con ata 200.000 millóns € de diñeiro público.
O lóxico nun estado de dereito sería que parte desta vivenda fose destinada a fins sociais, pero non, seguen adiante coa estafa, sen cortarse.

¿Onde queda o convenio asinado por Rajoi para a creación dun fondo de vivenda social?, ¿onde está o convenio asinado pola Xunta de Galicia con Consello Xeral do Poder Xudicial e a FEGAMP para a detección de casos de especial vulnerabilidade. Feijoo prometeu 500 vivendas sociais... ¿onde están? MARÍA E A SÚA FAMILIA SEGUEN A PRECISAR UNHA.

De momento María conseguiu outra vivenda en aluguer pero a inseguridade sigue acompañandoa, por non ter unha vivenda social que lle nega a Xunta de Galicia e que lle poida ofrecer un mínimo de estabilidade familiar.

O colectivo stop- desafiuzamentos Ourense nos casos de desafiuzamentos por ínpago de aluguer onde se enfronta o dereito a propiedade privada dun particular e o dereito a vivenda dunha familia, entende que debe ser a
administración, neste caso e competencia da Xunta de Galicia, quen actúe como garante diste dereito e non os particulares.

Así pois seguiremos a apoiar as familias que se atopen nesta situación para facer evidente que xa non hai tal estado de dereito, e que este solo actúa con rigor para botar familias a rúa mentres os corruptos que podreceron o país pasan o fin de semana na neve..."¡ sea en los Picos de Europa o en Andorra !"



xoves, 26 de febreiro de 2015





Stop desafiuzamentos Ourense quere manifestar o seu desacordo ante o tratamento dos " opinadores " do programa magazine boas tardes da TVG que cando analizan o caso de María fano dun xeito carente de rigor.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/magacin-113(minuto 41)

Con descoñecemento absoluto:


1º) Que a Xunta ofrece 5 vivendas, en realidade ofrécenlle 2 céntranse en falar da que ofrecen en Castro Caldelas e non mencionan as que ofrecen no Barco de Valdeorras.
Posiciónanse en defensa da administración como si fixera unha oferta de vivenda axeitada esquecendo que en Ourense hai preto de 15000 vivendas baleiras e que non hai unha soa vivenda de protección social na cidade.

2º) Poñen o dereito, lexítimo, da propietaria a que se lle pague, sen mencionar que María e o Colectivo Stop-desafiuzamentos non están en contra da propietaria nin pretende ocuparlle a súa vivenda si non que o que se pretende e facer evidente o feito facilmente verificable, por un xornalista minimamente serio, de que en Ourense non hai nin unha vivenda social.

3º) Insinúan que María non acepta a Vivenda ofertada en Castro Caldelas por exceso de comodidade cando non se analiza con seriedade o desarraigo e os problemas que suporía saír de Ourense para esta familia.
En definitiva comezan a reportaxe dicindo que María esta a vivir un " momento terrorífico " para rematar dicindo os "opinadores" do programa que esta muller pouco menos que non ten casa por que e moi esixente co que se lle ofrece.

4º) Finalmente e para rematar calquer persoa que teña a míniama capacidade de análise darase conta que o programa Magazine aproveita a desgracia económica de María para defender a política de vivenda da Xunta de Galicia.
E triste ver como nuha televisión pública, pagada por todas, hai tanta mediocridade. Istes opinadores non teñen o valor suficiente para facer un mínimo de crítica, por exemplo o exdirectivo de Caixa Galicia, agora ABANCA, Xosé Luis Mendez que logo de axudar a quebrar o Sitema Financeiro Galego, supostamente cometendo varios delitos societarios, se mercou unha boa Casiña na Toscana cos 18 millóns de € da xubilación.

http://www.tuabogadodefensor.com/delito-societario/
Os traballadores da TVG deberian de ser un pouco máis críticos coa falta de obxetividade desta tv, non lles vaia a pasar o que os daTVG Valenciana.
¡ O problema non está nos corruptos está no silencio da xente boa !
¡ Quen cala ante unha situación inxusta e complice da mesma

luns, 23 de febreiro de 2015

DESAFIUZAMENTO DA COMPAÑEIRA MARÍA, 23 DE FEBREIRO DE 2015.
 





Enlaces a nova:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/02/23/galicia/1424725855_782473.html

http://praza.gal/movementos-sociais/8878/desafiuzamento-cun-pequeno-dun-ano-nunha-cidade-con-15000-vivendas-baleiras/

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/02/24/desahucio-partida-doble/1189865.html

http://ourensedixital.com/_novas/15/02/24_05.htm

http://www.laregion.es/articulo/ourense/consiguen-aplazar-semana-desahucio-familia-ciudad/20150223164838525397.html

Esta mañá conseguimos que se freara o despexo da nosa compañeira María.
a comitiva xudicial ofreceulle un aplazamento, despexarana o martes día 3 de marzo as 10 da mañá, esta vez traerán a policía, nos estaremos alí apoiando a María.
A posición da asemblea stop- desafiuzamentos Ourense ante os desafiuzamentos por inpago de aluguer, sempre que non sexan entidades financeiras ou grandes posuidores de vivenda, e a de sinalar o despexo e denunciar a Xunta de Galicia que é a que ten a responsabilidade de proporcionar vivenda de protección social. Cando se enfronta, entre particulares, o dereito a propiedade e o dereito a vivenda nos entendemos, logo de ser tratado en asemblea, que os dous deben ser respetados logo do análise de cada caso e sempre en acordo coa decisión da persoa que vai a ser despexada, María entendeu que non corresponde esta propietaria garantir o dereito a vivenda, este dereito debe ser garantido pola XUNTA DE GALICIA que ten a competencia delgada no IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo).

A xunta de Galicia ben incumprindo sistematicamente as competencias que ten atribuídas sobre vivenda e actúa sempre do mesmo xeito non oferta ningunha solución ata que non chega a hora do despexo para a última hora dicirlles as afectadas que dispón de dúas vivendas unha en Carballeda de Valdeorras e a outra en Castro Caldelas, o arraigo familiar a delegada de vivenda parece non coñecelo. Isto está pasando no noso país na Galiza o 18% das vivendas están Baleiras 300.000 , Ourense ostenta o marca do estado en Vivenda baleira co 22,7% 55,936 de 245,970.

Un anaco despois diste despexo xudicial o presidente da Xunta Nuñez Feijoo acudía a inaugurar o novo edificio dos xulgados mentres está a incumprir os acordos, asinados por il mesmo, entre a Xunta de Galicia o Consello do Poder Xudicial e a FEGAMP para a detección de casos de especial vulnerabilidade de persoas desafiuzadas.

¡ Ali quedaba comendo marisco, rodeado de toda a súa corruptela, de aduladores e cortesanos o mesmo que no feudalismo; ninguén QUE SE PRECE debería acudir esta inauguración.

¡¡¡COMO PODEN INGAURAR UN PAZO DE XUSTIZA E DEIXAR A UNHA MULLER CON UN FILLO DE 1 ANO NA RÚA !!!

¡ O PROBLEMA NON ESTÁ NOS CORRUPTOS... ESTÁ NO SILENCIO COMPLICE DA XENTE BOA !

Gobernos CHEOS DE CORRUPCIṔON, CENTOS DE MILES DE MILLÓNS DE € para RESCATAR A BANCA e AS FAMILIAS A RÚA SEN TEITO E SEN OFRECERLLES UNHA ALTERNATIVA AXEITADA.

¿ CANTO VAMOS AGUANTAR ISTO ? ¿ XA DEIXOU DE SER NOTICIA ?

¡ MÁIS VIVENDA SOCIAL E MENOS DESPEXO XUDICIAL !

sábado, 21 de febreiro de 2015


Este luns día 23 ás 10:00 da mañá procederase o desafiuzamento dunha familia con dous fillos de 1 e 18 anos dunha vivenda situada na Rúa das Caldas nº1.

Por tratarse dun desafiuzamento por inpago de aluguer e entendendo Stop-desafiuzamentos Ourense, logo de tratalo en asemblea, que non corresponde a un particular garantir o dereito a vivenda si non as administracións públicas, concretamente e competencia da Xunta de Galicia, proporcionar vivenda de protección social suficiente para frear a dramática situación actual que están a vivir moitas familias como a que este luns se despexa.

Estaremos acompañando esta familia nun dos peores momentos polos que pode pasar para facer visible o incumprimento do obriga constitucional de proporcionar vivenda digna os seus cidadás. Facemos un chamamento a cidadanía de Ourense a mobilizarse con nos este día para demandar que a xunta de Galicia cumpra coas obrigacións que lle son propias.

Tamén lembramos que Ourense lidera a media estatal de vivendas baleiras cun 22,7% do total, 55.936 de 245.970. ante a pasividade do Presidente da Xunta de Galicia que prometera 500 vivendas de alugueiro social.

¡ Nin xente sen casas, nin casas sen xente !




María contacta coa plataforma o 20 de xaneiro, ten unha débeda por inpago de alugueiro de 2170€ a que non pode facer fronte con unha risga de 500€, que lle foi recentemente asignada, coa que ten que asumir os gastos de 310€ de aluguer, suministros de auga, luz e alimentar a súa familia. A propietaria, arrendadora, da vivenda xa ten iniciado un procedemento de desafiuzamento-expres tras 7 meses de inpago.

O día 30 de xaneiro Stopdesafiuzamentos presenta un escrito dirixido os servizos sociais do Concello de Ourense e outro dirixido a delegación de vivenda da Xunta de Galicia (IGVS) explicando a situación de María e facéndolles saber que o día 23 está previsto, pola vía da nova lei de desafiuzamentos express, o lanzamento de María e a súa familia.

Mentres o colectivo stop-desafiuzamentos Ourense tenta mediar coa dona do piso, que mantén unha aptitude comprensiva coa situación de María, pero finalmente no se da chegado a una acordo e séguese adiante co desafiuzamento que se executará iste luns.

No último día, o venres 20, isto amosa o interese da Xunta en darlle unha solución, a Delgada do IGVS concédelle unha entrevista a María para ofrecerlle, vivenda en Castro Caldelas ou en Carballeda de Valdeorras, están son as vivendas sociais que ofrece a Xunta en Ourense, sen importarlle o desarraigo ou as posibilidades de atopar traballo nestas vilas coas que non ten ningún tipo de relación.

É un feito acreditado que a ausencia de residencia leva consigo na practica a imposibilidade de exercer outros dereitos e impide ás persoas afectadas realizáranse, tanto profesional como familiarmente e en moitos casos supón a condena á exclusión e marxinación social e económica.

Unha vez máis lembramos, e non cansaremos de facelo, ante a pasividade da Xunta, o 18% das vivendas da Galiza están baleiras. Ourense lideraba a media estatal de vivendas baleiras en 2011, cun 22,7% do total, 55.936 de 245.970; Asemade medra o parque de vivendas non vendidas que quedan en poder das entidades financeiras.

O Presidente da Xunta de Galicia asinou un convenio co Consello Xeral do Poder Xudicial e FEGAMP para a detección de casos de familias en situación de especial vulnerabilidade e prometeu 500 vivendas para Galiza. A si mesmo o Presidente Mariano Rajoi asina outro convenio con 36 entidades financeiras para creación dun parque de vivenda social. ¿ ONDE ESTÁN ESAS VIVENDAS María precisa unha ?


A SAREB (banco malo) a maior inmobiliaria de Europa apalanca vivenda que as entidades financeiras non conseguen vender, para que non baixen os prezos do mercado, negándollas as persoas que as precisan a uns prezos razoables, incumprindo así as encomendas do artigo 47 da constitución. Sustentando os balances destas entidades con diñeiro público e continuando así coa estafa. Chegando a inxectar 200.000 millóns de euros dende o comezo da estafa.

O colectivo stop-desafiuzamentos Ourense tendo claro que si existen recursos económicos pero que se están a destinar para seguir a alimentar operacións inmobiliarias especulativas esíxelle o presidente da Xunta de Galicia que cumpra de unha vez coa promesa que fixo de proporcionar 500 vivendas de alugueiro social para rematar con situacións como a que vive María.

¡ grazas por acompañarnos !




Xuntanza da Coordinadora Galega de PAHs e STOPs - Plataformas Anti-Desafiuzamentos da Galiza

O sábado 21 de Febreiro, vai ter lugar en Compostela, unha nova xuntanza das plataformas anti-desafiuzamentos da Galiza. No bar-restaurante As María (San Clemente, 32 - ver mapa). Antes da xuntanza, no mesmo lugar, mais sobre as 10 da mañá, está convocada unha rolda de prensa onde se dará conta da nosa actividade e previsións.

Trata-se da primeira xuntanza, despois das mobilizacións coordenadas contra a criminalización e a represión dos movimentos sociais, para denunciar a represión que se está exercendo contra loita contra os desafiuzamentos. Mobilizacións celebradas a finais do pasado ano, pois a represión policial directa e as multas, están caendo sobre as nosas plataformas que loitan polo dereito humano a unha vivenda digna e adecuada, así como contra especulación financeira e inmobiliaria.

As plataformas de stop desafiuzamentos e afectad@s pola hipoteca, da Galiza, reúnen-se para coordinar asuntos de importancia para o movemento anti-desafiuzamentos, como a valoración da evolución do activismo en cada PAH/STOP desde a anterior xuntanza; ou a valoración das accións coordenadas realizadas contra a Lei Mordaza, e propostas de novas accións conxuntas. Tamén imos debater sobre a oportunidade de volver a promover unha IPL en defensa do dereito á vivenda, que incorpore tamén medidas contra a pobreza enerxética. Constituír grupos de traballo e coordinar a nosa participación na próxima asemblea estatal da PAH, o 7 de marzo, en Xixón. Debater sobre as posibilidades que pode presentar o período previo ás eleccións municipais do 24M para difundir e defender o dereito á vivenda fronte e a través dos concellos. E por último perfilar novos métodos para avanzar na coordinación das PAH/STOP galegas.

sábado, 31 de xaneiro de 2015


Mercadiño solidario venres 30 e sabado 31 xaneiro.
Este mercadiño solidario cumple varias funcións, permitenos recadar un mínimo de recursos económicos , imprescindibles pro funcionamento básico do colectivo, pon roupa e outros productos desvalorizados en domicilios particulares, en excelentemente estado, o alcance de persoas que lle darán un segundo uso, a prezos que non superan os 3€;  finalmente axuda a crear consciencia doutro xeito de consumo que vai creando formas de relacionarse que a súa vez, se permanecen no tempo, crearán redes alternativas.