luns, 12 de outubro de 2015






Stop-desafiuzamentos Ourense fai público o seu apoio o compañeiro da Coruña Nicanor Acosta Alonso e o resto de compañeiras do colectivo na Coruña, manifestamos a nosa repulsa contra a onda represiva que se desatou e segue desatando contra quen defende os dereitos fundamentais, e o dereito a unha vivenda digna e axeitada, o dereito a manifestar-se libre mente contra a inxustiza e opoñer unha resistencia pacifica contra os abusos do sistema que exerce contra os pobres e os desposeídos

Como ben recolle o Preámbulo da Delaración Universal dos Dereitos Humanos.


¨Cosiderando esencial que os dereitos humanos sexan protexidos por un réxime de dereito, a fin de que o ser humano non se vexa compelido o supremo recurso da rebelión contra a tiranía e a opresión¨.

Unha vez máis comprobamos o rigor da xustiza cos que defenden os máis febles. Mentras a fiscalía parece non enterarse do que pasou, Banqueiros e  políticos corruptos que sumiron o país na situación crítica na que se atopa seguen sen responder ante a xustiza. Podemos asegurar que estamos nun estado de dereito fallido.

O noso compañeiro Nicanor afronta maña martes 13 de Outubro un xuízo no contencioso-administrativo contra as multas impostas pola Delegación do Goberno pola súa participación no intento de parar o desafiuzamento de Aurelia Rey en Febreiro de 2013. Tras anos de presentar recursos pola vía administrativa opoñéndose á sanción, este martes o xuíz resolverá o procedemento.

Na sanción acúsase a Nicanor da “provocación de reacciones no público que alteren o podan alterar a seguridade cidadán”, reclamándolle por isto 600 €. O que parece non entender nin a Policía Nacional nin a Delegación do Goberno é que as “reaccións no público” as causaba un grupo de homes armados e uniformados que agrediron á xente para intentar botar da súa casa a unha octoxenaria, e non un home maior cun megáfono.

Este compañeiro de 74 anos de idade, presente en practicamente todas as mobilizacións producidas dende o 15 de Maio de 2011, ten sido un obxectivo sistemático da represión policial. Só pola súa participación nas mobilizacións de Stop Desafiuzamentos A Coruña foi sancionado con multas que, xuntas, reclámanlle máis de 2.700 €; e a isto habería que sumar as correspondentes ao seu compromiso na loita contra as preferentes, polos servizos públicos e de calidade, contra a corrupción, nas Marchas da Dignidade, etc.

Afortunadamente, e grazas á solidariedade de moita xenteNicanor e as outras compañeiras multadas do noso colectivo teñen garantida a cobertura económica para as sancións tras a campaña “Múltannos a nós para asustarte a ti” que vimos realizando dende 2013. Un éxito do compromiso colectivo fronte ás ameazas, a persecución e o hostigamento que vén realizando o Goberno contra os movementos socias.

Ante a inxustiza e o acoso que está a sufrir o noso compañeiro Nicanor, leremos este comunicado de apoio na Praza Maior, antes do comezo da asamblea,  mañá ás 20;00h  para amosarlle o noso apoio e o rexeitamento á política represiva do Goberno.


 ¡SÓ A LOITA FAI XUSTIZA!

¡NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!

xoves, 8 de outubro de 2015






 http://marchasdadignidade.blogspot.com.es/


O colectivo stop-desafiuzamentos Ourense únese a concentración que se fará diante da Subdelegación do Goberno o día 8 de outubro en apoio a marcha que se fará en  Compostela o día 24 de Outubro.

Facemos un chamamento  a cidadanía de Ourense a participar nesta concentración temos que seguir  a loitar para conseguir unha vida digna e para rematar coa corrupción que dilapida os recursos públicos de todas para beneficio de uns poucos.

¡ PROCURANDO DIGNIDADE !...CARA O 24 DE OUTUBRO

O xoves 8 de Outubro haberá manifestacións nas cidades e vilas galegas convocadas polas Marchas da Dignidade. En Ourense faremos unha concentración diante da Subdelegación do Goberno .

As Marchas da Dignidade, somos un movimento inclusivo, plural e diverso, convidamos aos diferentes colectivos, organizacións e loitas a participar na concentración e intervir na mesma, coa súa actividade, accións e reivindicacións.





 A crise económica acelerou en Europa a imposición da orde neoliberal, baseado na tiranía do poder financeiro, a primacía do diñeiro sobre a soberanía popular, a privatización de servizos públicos e a transformación dos cidadáns en clientes.

A imposición destas políticas na Galiza e no resto do Estado Español, da man do Partido Popular e outros gobernos afíns, xerou pobreza, exclusión, represión e indignación na maioría da poboación. Tamén grandes beneficios para o corrupto poder financeiro.

As Marchas da Dignidade participan na promoción e preparación das Marchas Europeas pola Xustiza e a Dignidade, xunto a numerosas organizacións do continente e baixo 4 reivindicacións básicas acordadas no Encontro Alternativo en marzo: Confrontar as políticas austericidas e de privatización de servizos públicos da Troika; os pobos teñen que ser consultados, acabar cos Paraísos Fiscais na Unión Europea (UE) e deter as negociacións secretas do TTIP entre Estados Unidos e a UE.

As Marchas da Dignidade  incorporarán a estes puntos unitarios as súas propias reclamacións de Pan, Traballo, Teito e Dignidade, facendo especial mención á súa demanda de derrogación das reformas laborais e a lei mordaza; a esixencia de prestacións para todas as persoas sen emprego; rematar coa pobreza enerxética; garantir a alimentación e o dereito a unha vivenda digna, á saúde, aos coidados e ao ensino; e combater a violencia machista, a homofobia e a xenofobia. Na Galiza, o dereito de autodeterminación dos pobos, o dereito a decidir, forma parte das reivindicacións do Manifesto constituínte.

Entre o 1 e o 15 de outubro, estas Marchas xa comezaron a percorrer Europa con itinerarios converxentes, que tocando todos os paraísos fiscais da UE, realizando actos nas cidades do percorrido, para finalmente chegar o 15 de Outubro a Bruxelas, o mesmo día que se iniciará un Cume da Unión Europea. Coa chegada da Marcha, ese mesmo día, apoiando a iniciativa dos movementos belgas, farase un cerco simbólico do Cume oficial, para a continuación abrir un Cume Social Europeo, cunha Conferencia sobre a Débeda e un debate sobre Políticas de “Austeridade” e Pobreza na UE que culminará o sábado 17 de outubro cunha gran manifestación europea no Día Mundial contra a Pobreza. O mesmo 16 de outubro instalarase en Bruxelas un campamento contra o TTIP (Acordo Transatlántico de Comercio e Investimentos).

Ourense tamén quere recuperar a dignidade rematar coa corrupción institucional e conseguir que os esforzos económicos da maioría se vexan reflexados nos máis débiles. Definitivamente que os nosos impostos  vaian a rescatar familias e vidas non a rescatar a políticos corruptos e a entidades financeiras cómplices.

¡ Fora a Troika ! ¡ Fora Rajoi ! ¡ fora o capitalismo neoliberal, corrupto e patriarcal !

¡ Auditoría das débedas públicas, pan, traballo e teito !


xoves, 24 de setembro de 2015



Concentracións e manifestacións venres 25 e sabado 26 de setembro nas 7 maiores cidades galegas polo suicidio de Aríns.


Stop Desafiuzamentos Ourense  convoca as veciñas de Ourense a unha concentración o próximo sabado 26 diante ás 12 da mañá, Subdelegación do Goberno para amosar a súa solidariedade coa familia de Carlos Midón e coas compañeiras de Stop Desafiuzamentos Compostela. Tamén queremos amosar na rúa a nosa carraxe ante feitos coma este que deixan constancia da voracidade deste sistema e de tódolos seus cómplices.



O motivo de desta concentración é o recente suicidio, por causas económicas, do Compañeiro do Colectivo Stop-Desafiuzamentos Compostela, Carlos Midón, veciño da Parroquia de Aríns.

Mentres seguimos regalando o diñeiro dos nosos impostos para o rescate de Bancos, complices de tramas corruptas, familias enteiras sofren sin que a Xunta de Feijoo nin o Goberno Central de Mariano Rajoi , con corazóns de pedra, se ablanden e os axuden.

Na tarde do luns 21 de setembro cumpríndose un ano do desafiuzamento de Aríns, o afectado por aquel despexo, Carlos Midón, quitouse a vida.
Stop Desahucios Ourense lamenta profundamente que a voracidade duns poucos, a súa guerra económica contra as persoas de abaixo (non é unha crise) e as nefastas condicións psicolóxicas e de vida ás que estamos sometidas a maioría social siga a levarse vidas por diante.

Mentres o desemprego, a miseria, os desafiuzamentos...existan, haberá mortes. 
 
¡ Os reponsabeis teñen nome propio !

Lembramos que a Constitución Española reza:Título I. Dos dereitos e deberes fundamentais. Artigo 47. 

Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes público.

Seguiremos loitando ata que este dereito se faga efectivo en memoria de Carlos e de todas as persoas que se quitaron a vida, fartos e impotentes, a espera de axuda; Mentres os que firman protocolos en vésperas de campañas electorais os deixan de lado nos momentos máis difíciles das súas vidas. 
 
O pobo saberá sinalar os responsábeis diste xenocidio financeiro. 
 
Todo o noso apoio á familia e amizades e especialmente á María e ós seus fillos.
    
                                 ¡ Non son suicidios son asasinatos !






mércores, 16 de setembro de 2015

                                 
                                FIN DE SEMANA DE SOLIDARIDADE 
                 



sábado, 5 de setembro de 2015

Hoxe día 5 tivo lugar o encontro das PAH-STOP galegas;
Celebrouse como de costume no Bar as Marías en Compostela,comezando o mesmo ás 11 da mañá.

O motivo diste xuntanza e manter viva a rede galega, analizar a evolución da política de vivenda e o compromiso das diferentes formacións políticas coas demandas da PAH-STOP máxime cando entramos en período electoral.

Facemos un chamamento a cidadanía, ante os próximos comicios electorais, para que non se deixen enganar polos cantos de serea que ofrece o actual goberno da Xunta de Galicia e do Estado, pedímoslle que analice serenamente e afonde no coñecemento das propostas nestas e noutras materias e en que consiste realmente a suposta mellora económica.

Prometen vivenda social e convenios con entidades financeiras pero a realidade e que calquera que se acerque o I.G.V.S ( Instituto Galego de Vivenda e Solo) Poderá comprobar que a oferta de vivenda social e nula; incluso en casos de emerxencia, mulleres vítimas de violencia de xénero machista con fillos a cargo ou de familias desafiuzadas por impago de aluguer no teñen apoio institucional.

Xa que o dereito efectivo a unha vivenda digna dista moito de ser real, seguiremos atentos os abusos que se cometen dende entidades financeiras e dende institucións e coordinaremos accións conxuntas de cara a que se faga efectivo este dereito fundamental recollido no artigo 47 da C.E base fundamental para o desenrolo integro de calquera persoa.

Tamén pedimos ás institucións e á cidadanía que activen a súa solidariade ante o actual éxodo masivo de seres humanos que foxen de conflitos bélicos nos seus países buscando refuxio en Europa.Non debemos esquecer que no século pasado nos tivemos que facer o mesmo e fomos acollidos en outros países. Non debemos permanecer pasivos ante tanto sufrimento.


Xuntámonos representantes dos colectivos stop e da pah galegas das cidades do Ferrol, Coruña, Compostela, Lugo, Ourense e Vigo Baixo Miño Tui.

Expúxose a situación de cada colectivo, analizouse o novo escenario político municipal, o posicionamento ante os novos procesos electorais e abriuse unha liña de traballo cara a visibilización da problemática existente cara o cumprimento efectivo do dereito a vivenda.

mércores, 26 de agosto de 2015



Ligazóns:
http://www.infolibre.es/noticias/politica/2015/08/24/fuerteventura_pide_que_suspenda_ingreso_prision_mujer_que_nego_derribar_casa_36884_1012.html

MAN DE FERRO CONTRA OS POBRES E GUANTE DE SEDA COTRA OS PODEROSOS.

Recentemente asistimos o derrubo dá casa de Miguel, Un veciño de Reza activo durante moitos anos contra o emprazamento dá depuradora de Reza, declarada ilegal, segue en pe como moitos edificios e construcións declarados ilegais o longo de todo o territorio, mentres con moito sufrimento viu como a súa vivenda foi derrubada.
Temos que ver como co consentimento de Mariano Rajoy o ministro de interior Fernadez Diaz, o mesmo que xurdiu a Lei Mordaza, super numerario do Opus Dei, se reúne co ex-ministro Rodrigo Rato, para tratar ou seu tema, logo de causar graves danos a economía de todo o Estado.
Directivos de entidades financeiras quebradas e privatizadas veranean as súas anchas, sen responder ente a xustiza, mentres a cidadanía se lle aplica a lei con absoluto e extremo rigor.
Iso si nin o goberno nin os xulgados velan polo cumprimento efectivo do artigo 47 da constitución, onde se regula o dereito a unha vivenda digna. Semella que a xustiza está en decadencia.
O colectivo stop-desafiuzamentos Ourense fáiase eco diste rigor aplicado a unha aboa de 63 anos, nas illas Canarias, no Cabildo de Fuerteventura, con 2 fillas en paro unha delas con unha discapacidade do 39% e 3 netos o seu cargo.
Josefa Hernández, veciña de Fuerteventura, de 63 anos de idade, que debe cumprir unha condena de seis meses en prisión por non derribar a súa vivenda, construída nun parque natural.
Josefa vive alí coa súa familia desde 1995, cando non era zona protexida e as paredes de parte da súa casa, xa estaban feitas, agora esíxenlle que a derribe pero sen darlle outro lugar onde vivir. Na actualidade viven nela dúas dos seus fillos en paro, un deles cun 39% de capacidade, e tres netos dos que ademais ten a responsabilidade civil.
Josefa é un ama de casa que logra sacar á súa familia adiante con moitas dificultades, xa pagou unha multa por non derribar a casa, pero o problema principal é que segue sen ter un lugar para vivir cos seus fillos e netos, por iso esiximos o seu indulto, que non entre no cárcere e unha alternativa habitacional, xa que esta familia carece de recursos nin doutra vivenda a onde ir.
Este venres debía trasladarse a Lanzarote para o seu ingreso en prisión, pero sufriu un desmaio e tivo que ser ingresada de urxencia nun hospital, xa que o seu estado de saúde é delicado, e viuse desbordada polas circunstancias, pero hoxe marchouse a cumprir unha condena totalmente desmedida e incongruente.
Fronte a esta situación de inxustiza flagrante, atopámosnos con construcións ilegais que seguen en pé e que non se tratan da única vivenda dunha familia en dificultades, senón de construcións ilegais como hoteis. Tamén A Axencia de Protección do Medio Urbano e Natural (Apmun) do Goberno de Canarias dictou unha orde de demolición contra as obras de ampliación das piscinas da urbanización da Bufoa, onde viven a presidenta insular do PP de Lanzarote e Astrid Pérez, fiscal das Palmas, Miguel Pallarés. Segundo a Axencia do Medio Urbano as obras das piscinas e de ampliación carecen ?das autorizacións pertinentes e as obras son ?absolutamente prohibidas?.
As PAH temos a disposición da cidadanía e doutros colectivos, o escrito dirixido ao Ministro de Xustiza solicitando o seu indulto, que presentaremos na Delegación de Goberno de cada illa.
http://afectadosporlahipoteca.com/wp-content/uploads/2015/08/Petici%C3%B3n-indulto-Josefa1.pdf
Non se pode permanecer impasible ante este caso tan sangrante e a desidia dunhas institucións que non souberon responder antes a esta terrible situación.
Contra inxustizas como esta, pedimos que se protexan os dereitos das persoas, pedimos
Josefa Liberdade
Josefa somos todas

venres, 7 de agosto de 2015



                        # OPERACIÓN LOLA FLORES






 Operación Lola Flores:

# opLolaFlores.

https://www.youtube.com/watch?v=XYyk0U-KYHo

http://afectadosporlahipoteca.com/

 Hai poucos días contabamos a historia de Antonio e Tomás, dous compañeiros, Antonio e Tomas da PAH Mula (Murcia) que se enfrontaban a ir a unha pena de carcel se non pagaban unha multa de 14.000, produto da rabia ao ver que a súa nai ía ser desafiuzada por un erro xudicial. Recordemos que esa mesma mañá Antonio acababa tamén de ser desafiuzado.

O apoio mutuo e a solidariedade de La PAH e as súas redes non permitiu que estes dous irmáns murcianos fosen ao cárcere ou se visen obrigados unha vez máis ao vórtice das débedas. En apenas 48 h conseguimos coa #OpLolaFlores, entre todas, o diñeiro suficiente para facer fronte ao pagamento da pena imposta. Moitas persoas pequenas xuntas poden facer cousas moi moi grandes e así volvémolo demostrar. Somos imPAHrables.

Coa #OpLolaFlores vímonos desbordadas con toda a vosa solidariedade, como é habitual, fixo que sexamos máis fortes. Ademais quedou demostrado, unha vez máis, que a solidariedade e a forza de La PAH non só se reflicte na rúa, en cada desafiuzamento ou en cada acción nun banco, senón tamén nas redes.Somos moi fortes, somos imPAHrables. 842 persoas fixeron a achega económica para conseguir os 14.800 euros necesarios para pagar a multa, pero tamén moita xente que rebotou mensaxes, correos ou que co boca - orella fixeron que a Operación Lola Flores sexa todo un éxito. Grazas a todas, de corazón.

Dende o nacemento da PAH fomos imPAHrables, non hai lei inxusta que nos pare ou free. Seguiremos co noso empeño de facer efectivo o dereito a unha vivenda digna. As súas multas e denuncias non nos paran, fannos máis fortes. Pero non esquezamos que isto é posible só grazas a cada unha de nós, neste caso con cada euro, noutros con cada adhesivo, cartel ou acción de resposta, non nos cansaremos de dar as grazas a todas e cada unha, grazas por facelo posible.


Esta non é a práctica habitual da PAH, resolver os conflitos coa xustiza cedendo á chantaxe e a pagar as súas multas, pero este é un caso excepcional, non podemos permitir que alguén vaia á a carcel por algo que podiamos ter feito calquera. Ademais queriamos demostrar que se non pagamos as súas multas, se non cedemos, é porque somos desobedientes, pero sabemos que tamén que ante casos extremos podemos responder grazas á solidariedade de todas nun tempo record. Non permitiremos que ningún dos nosos comPAHs vaian ao cárcere.

E agora que? Antonio e Tomas non irán á carcel e seguirán como todas as demais, como cada unha de nós, desobedecendo leis inxustas, arrepor a bancos, administracións e a quen faga falta, porque sabemos e demostramos que non estamos sós, que se tocan a unha, nos tocan a todas e así respondemos, xuntas e imPAHrables.

Grazas unha e 14.800 veces por facelo posible.
Si se pode.





Operación Lola Flores comezamos o 5 de agosto.

Antonio e Tomás, irmáns e membros de PAH Mula, enfrontáronse a un proceso xudicial, que nun principio lles condenaba a 88.000 euros de multa e tres anos de cárcere, por relatar en Facebook un erro da comisión xudicial que quería desafiuzar a nai destes. Finalmente terán que pagar unha multa de 14.000 euros que terán que aboar o próximo 10 de agosto.

Antonio solicitou un préstamo hipotecario a Cajamar para poder adquirir unha vivenda que a nai avalou coa súa. Antonio non puido facerse cargo do pagamento do préstamo hipotecario e foi desafiuzado da súa vivenda un tempo despois. Debido a unha serie de erros, o pasado 8 de outubro de 2012, a comisión xudicial e o procurador compareceron na vivenda da nai para executar o desafiuzamento da súa vivenda. Antonio e Tomás acudiron á casa da súa nai para informar de que era un erro, que Antonio xa fora desafiuzado e de que conseguira a condonación da débeda, polo que non debían executar ese lanzamento. Durante este proceso os irmáns fixeron unha foto e publicaron en Facebook un relato do que estaba a suceder xunto a unhas palabras desafortunadas cara ao procurador e a comisión xudicial. Debido a esas palabras e á publicación en Facebook imputáronlles un delito de danos contra a honra e aldraxes graves con publicidade.

As súas multas e denuncias fannos fortes. Sen entrar en vigor a coñecida como Lei Mordaza xa nos enfrontamos a multas por valor de máis de 30.000 euros así como a varias denuncias que, como no caso dos escraches, foron arquivadas pola xustiza dando a razón á cidadanía demostrando que "si se pode". Non podemos permitir que unha Lei creada para torpedear o traballo que realizamos en La PAH, cun grande apoio da cidadanía, se pare. Os bancos nunca paran.


 Por todo isto, iniciamos hoxe unha campaña lóstrego para axudar a Antonio e Tomás a pagar a multa cun sistema de goteo ou crowdfunding. chamámola Operación Lola Flores e dará comezo este mércores 5 de agosto. Esta é unha acción para demostrar que a cidadanía está por enriba de leis inxustas e que as súas multas, porque virán moitas máis, non nos van parar, farannos máis fortes. Queremos conseguir os 14.000 euros da multa no menor tempo posible, como xa o conseguiu 15 m para Rato, e que esta sexa unha demostración de forza e solidariedade, da cidadanía e sinalar que somos fortes, que somos imPAHrables.


Se queres colaborar, entra aquí e fai a túa achega: https://goteo.org/project/oplolaflores
Se nos tocan a unha, respondemos todas.
ImPAHrables.