luns, 26 de febreiro de 2018


CASO PRÁCTICO DE ABUSO BANCARIO, nesta ocasión o Banco Santander, utilizando a cláusula de rescisión anticipada, todos os contratos de todas as entidades teñen esta cláusula, declarada abusiva polo T.X.U.E (Tribunal de Xustiza da Unión Europea) o 26 de xaneiro de 2017.



O 7 de febreiro solicítanos axuda un matrimonio que ten asinado dende o ano 2004 un préstamo con garantía hipotecaria co Banco Santander.

Solicitaron 72.000€, a pagar en 360 cotas, que rematarían de pagar no ano 2034. Dende o ano 2004 hasta a actualidade levan entregado 50.000€, a maior parte de intereses, restando por pagar de capital 35.000€.

Esta familia con unha unha filla menor a seu cargo fíxose cargo dos pagos ata xulio do pasado ano 2017 sen ningún problema. O negocio que tiñan foi a menos e xeraron unha débeda de 2600€ de cotas inpagadas do crédito hipotecario e 15.000€ a seguridade social.

A parella decide separarse e chegan a un acordo de boa fe facéndose el cargo dos pagos da débeda a seguridade social e ela continua cos pagos da cota hipotecaria residindo na vivenda coa menor.

No mes de xaneiro pretenden retomar os pagos pero atópanse con que no banco dinlles que a débeda xa non a xestiona a entidade financeira que agora ten que pagarlle a LUCANIA XESTIÓN unha empresa de recuperación de débedas.

O 9 de febreiro dirixímonos a sucursal do Banco Santander para facerlles saber que esta familia quer retomar pos pagos e chegar a un acordo que sexa razoable para as dúas partes e que impida que perdan a casa que ten case pagada.

O director da sucursal ponos o teléfono con un mediador de Lucania Gestión o que lle repetimos a intención de buscar un acordo para seguir pagando e ver como se pode negociar o pago dos 2600€ de cotas atrasadas. O mediador ante esta proposta advirte, en tono ameazante, que a única posibilidade é pagar toda a débeda atrasada. Nos solicitamoslle un mediador presencial e negase decindo que o único mediador é Lucania Xetión. Ante esta situación advertimolo que si non quere entrar en razón nos mobilizaremos para que a sociedade coñeza a aptitude do Banco Santander. O obxetivo é alonxar da familia a posibilidade de negociar a recuparación dos pagos. O colectivo non permite esto e solo recoñece como interlocutor os asinantes do contrato. Para o colectivo Sto-Desafiuzamentos Lucania Gestión non existe.

O 15 febreiro presentamos un escrito no oficina de Banco Santander onde contrataron o préstamo deixando constancia da intención de seguir co pago das cotas e buscar un acordo para pagar as cotas atrasadas en cantidades asumibles por esta muller. Tamén lle pedimos que suspendan o procedemento de execución hipotecaria si xa fora iniciado ou, non seu caso, que non o iniciaran. Advertindo que a cláusula en base a que inician o procedemento de execución fora declarada abusiva polo TXUE o 26 de xaneiro de 2017 por incumplir a Normativa Europea 93/13 de Protección o Consumidor e que estaba a espera de que o propio TXUE responda o Tribunal Supremo en cuestión plantexada sobre esta materia o 8 de febreiro do 2017.

Esta cláusula de rescisión anticipada que si non o impedimos se aplicaría este caso, pois todos os contratos hipotecarios teñen esta CLÁUSULA ABUSIVA. Permite o banco reclamarlle esta familia os 72.000€ que solicitaron cando tiñan acordado 360 cotas e un prazo de 30 anos para devolvelo. Con 6 cotas inpagadas o banco tería dereito a reclamar as cotas atrasadas e os interese de demora pero o que pretende e reclamar a totalidade do préstamo que falta por pagar máis as costas do procedemento de execución e intereses de demora nun momento de debilidade económica da familia para apropiarse da vivenda que logo volverá a vender, iso si, seguindo a reclamarlle a esa familia a débeda pendente.

Miles de familias perderon as súas vivendas sen opción por mor desta cláusula declarada abusiva por contraria a Normativa de Protección o Consumidor todo ante a pasividade dun goberno que se dedica a lexislar a favor da banca, da mesma banca que tivemos que rescatar con diñeiro da Sanidade, educación, dependencia e pensións.

Faremos todo o posible para que nesta ocasión non se repita e que esta familia non perda a súa vivenda. Si o Banco Santander non acepta un acordo razoable recordarémoslle que ten unha imaxe pública que pode deteriorarse pois son moitas familias as que lles prestan servizos que non lles gustaría que lles fixeran o que pretenden facerlle a esta.





Resposta inadecuada e insuficiente de España ao ditame das Nacións Unidas


By juanjo on 08/02/2018

 Varias organizacións lamentan a resposta de España ante a condena e as recomendacións de Nacións Unidas por non garantir unha vivenda alternativa a unha familia desafiuzada 

•Denuncian que a resposta do Estado español ante as recomendacións emitidas polo Comité DESC (Dereitos Económicos, Sociais e Culturais) de Nacións Unidas, que condenaba a España por vulnerar o dereito á vivenda no caso dunha familia con fillos menores de idade, de 1 e 3 anos, foi inadecuada e insuficiente. 

•As persoas desafiuzadas tiveron que vivir nun coche durante uns dez días por falta de recursos. Madrid.- O Comité DESC (Dereitos Económicos, Sociais e Culturais) de Nacións Unidas condenou a España en xullo de 2017 por vulnerar o dereito á vivenda ao non garantir o acceso a unha vivenda alternativa a unha familia que, con dous fillos menores de idade, fora desafiuzada; e obrigoulle a presentar unha serie de medidas para implementar as recomendacións do ditame. 

Con todo, a resposta dada por parte das autoridades españolas a esta condena e ás recomendacións de Nacións Unidas, entre as que se atopan a obrigación de ofrecer unha reparación efectiva ás vítimas, asegurar que a súa lexislación e a súa aplicación son conformes coas obrigacións internacionais en materia de dereito á vivenda e a obrigación de previr violacións similares no futuro, foi absolutamente insuficiente.

 Así o denuncian hoxe as organizacións asinantes, que insisten en que actualmente España atópase nunha crise do dereito á vivenda que está a afectar por centos de miles de persoas. España estrea así, paradoxalmente, membresía no Consello de Dereitos Humanos para o período 2018-20, ignorando a súa obrigación de responder de maneira adecuada ao Comité sobre como ía outorgar ás vítimas unha compensación económica polas violacións sufridas, ademais de como ía reembolsarlles os custos legais razoablemente incorridos na tramitación desta comunicación.

 Con respecto ao caso do ditame do Comité, a única resposta que deu o Estado español foi a de informar acerca de que a Axencia de Vivenda Social da Comunidad de Madrid iniciou os trámites para que os afectados poidan presentarse aos procedementos abertos para a adxudicación de vivenda pública protexida. Con todo, a familia afectada, que tras o desaloxo viuse obrigada a vivir nun coche durante uns dez días, por falta de recursos e que actualmente habita xa nunha vivenda adxudicada polo Concello de Madrid, asegura que ningunha autoridade do Estado púxose en contacto con eles, nin sequera para mostrar unha desculpa. 

Para as organizacións asinantes a resposta do Estado español ao ditame de Nacións Unidas é insuficiente, como tamén é alarmante o feito de que non inclúa, no escrito enviado ao Comité, como vai establecer garantías de non repetición e como vai previr violacións deste tipo no futuro. Ademais, España desatende completamente as recomendacións do Comité en materia de vivenda e tampouco ofrece unha soa medida concreta para cumprir o ditame, senón que simplemente remite a documentos pasados xa presentados ante o Comité e previos en calquera caso ao ditame. As entidades, que mostran unha vez máis a súa preocupación pola falta de cumprimento do Estado español das súas obrigacións con respecto ao dereito á vivenda, esixen: 

• Un incremento orzamentario orientado a aumentar o parque de vivendas sociais de aluguer co fin de garantir o acceso e o reacollo de persoas sen recursos. Este incremento debe reverter o feito de que durante a crise económica e cando centos de miles de persoas perderon as súas vivendas, o Goberno reduciu desde 2009 o orzamento de vivenda en máis dun 70%.

 • Reformas das leis procesuais, incluída a Lei de Axuizamento Civil, para incrementar as garantías de protección do dereito á vivenda incluíndo o xuízo de proporcionalidade que obrigue aos xuíces para avaliar caso por caso a proporcionalidade e razonabilidad dos desafiuzamentos de vivendas que a xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos xa esixe. 

• A adopción de protocolos que melloren a coordinación entre xulgados e servizos sociais orientados a garantir ás persoas sen recursos un aloxamento adecuado alternativo. 

• A reforma da Lei de Arrendamentos Urbanos para reforzar os dereitos das persoas arrendatarias e protexer a súa seguridade á tenencia da vivenda. 

 España tiña que presentar, no prazo de seis meses desde que o Comité DESC emitiu o seu ditame en xullo de 2017, unha resposta por escrito que incluíse información sobre as medidas tomadas tras o ditame e as recomendacións do Comité.

 As organizacións asinantes deste comunicado, Amnistía Internacional, Arquitectura Sen Fronteiras ( ASF), Centro de Asesoría e Estudos Sociais (CAES), Federación Europea de Asociacións Nacionais que traballan con Persoas sen fogar – FEANTSA- EANTSA (representada por Cáritas Española), Federación de Asociacións Veciñais de Barcelona ( FAVB), Federación Rexional de Asociacións Veciñais de Madrid ( FRAVM), Fundación do Consello Xeral da Avogacía Española, Observatori DESC, Plataforma de Afectados pola Hipoteca ( PAH) e Sindicato de Inquilinos, conformaron un grupo de vixilancia da sociedade civil, orientado ao cumprimento por parte do Estado do ditame 


web pah:

venres, 9 de febreiro de 2018


O 22 DE FEBREIRO DESPEXAN EN OURENSE A UNHA MOZA DE 29 ANOS CON UNHA CRIANZA DE 2 ANOS.

OS GOBERNOS NEOLIBERAIS DO PARTIDO POPULAR SEGUEN RESCATANDO BANCOS CON DIÑEIRO DA SANIDADE, EDUCACIÓN E PENSIÓNS MENTRAS PERMITEN QUE DESPEXEN FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS E VULNERABLES. OUTRO XEITO DE VIOLENCIA.

Dende Stop-Desafiuzamentos Ourense queremos denunciar publicamente o caso dunha moza de 29 anos, a que chamaremos María para preservar o seu anonimato. Con unha crianza de 2 anos acudiu a pedir axuda este colectivo o venres 2 de febreiro tendo previsto o despexo da vivenda para o día 22 de febreiro.

María non dispón de arraigo familiar cos seus proxenitores dende fai máis de 5 anos. O 1 de marzo de 2017 xunto coa súa parella, pai da crianza, asina un contrato de aluguer por un período de un ano, prorrogable un ano máis. En Xullo de 2017 a súa parella abandona a familia. María percibe unha RISGA (Renda de Inserción Social Galega) de 532€ condicionada a escolarización da crianza polo que ten que descontar todos os meses 265€ o pago da gardería. Dende que a parella deixa de asumir a súa responsabilidade vese na situación extrema de pagar o aluguer ou alimentarse e deixa de pagar o aluguer no mes de agosto. No mes de setembro a propietaria presenta demanda por impago de aluguer no Xulgado de Instrución correspondente. O 30 de xaneiro de 2018 dita sentencia condenando os asinantes a partes iguais a pagar as cotas atrasadas máis as costas procesais, sinalando como data do desafiuzamento e despexo da vivenda o 22 de febreiro de 2018.

É de xustiza recoñecer que na sentenza faise, de oficio, mención a vulnerabilidade desta muller e conforme o convenio de 2013 da Xunta de Galicia, CXPX (Consello Xeral do Poder Xudicial), e a F.E.G.M.P (Federación Galega de Municipios e Provincias) dáse traslado as administracións desta situación de vulnerabilidade para que proporcionen alternativa habitacional. Convenio que foi asinado logo de 4 anos de presión social dos colectivos anti-desafiuzamentos en Territorio Galego e do resto do Estado.

Stop-desafiuzamentos Ourense presentou mércores día 7 dous escritos, no Concello de Ourense e no Instituto Galego de Vivenda e Solo, solicitando vivenda social. Hoxe día 9 foi entrevistada a Familia no IGVS e ofrecéronlle un Bono de Aluguer de 200€ mensuais máis o pago da fianza e a posibilidade de anotarse como demandante de vivenda social. A próxima semana ten concedida unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Esperemos que cheguen a tempo, estaremos vixiantes para mobilizarnos si fora preciso.

O día 8 recibiu do Xulgado de Instrución que coñeceu do caso modificación de sentencia, demorando o despexo para o día 12 de marzo.

Lembrar a posición acordada en asemblea por este colectivo cando se trata de despexos por impago de aluguer a particulares. Tendo clara a posición irrenunciable diste colectivo na defensa do dereito a dunha vivenda digna e básico e de fácil comprensión que nun estado de dereito onde a propiedade está inserta na xénese do sistema a sociedade non entendería que nos defendésemos a ocupación dunha vivenda dun particular, caso distinto sería si se tratase dunha vivenda da SAREB (Banco malo), dunha entidade financeira rescatada con diñeiro público ou en xeral de calquera entidade financeira.

Nos despexos confróntanse nestes casos, entre particulares, 2 dereitos por unha banda o dereito a propiedade e pola outra o dereito a unha vivenda digna da familia que vai ser despexada. Aínda que os dous dereitos están garantidos na Constitución o dereito a vivenda goza dunha protección especial entre os dereitos Fundamentais recollidos no Titulo Primeiro “Dos Dereitos e Deberes Fundamentais” onde esta recollido o articulo 47 que regula o dereito a vivenda onde expón:
Todos os Españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoveran as condicións necesarias e estableceran as normas pertinentes para que este dereito se faga efectivo.

A propia constitución no articulo 10.2 determina como se debe interpretar este dereito e establece que será conforme a Declaración Universal de dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre a mesma materia ratificados polo Estado Español.


O articulo 10 da CE:
1.-A dignidade da persoa, os dereitos inviolábeis que lle son inherentes, o libre desarrollo da personalidade, o respeto a lei e os dereitos dos demais SON FUNDAMENTO DA ORDE POLÍTICA E DA PAZ SOCIAL.
2.-As normas relativas os dereitos fundamentais e as liberdades que a Constitución recoñece interpretaranse de conformidade coa DECLARACIÓN UNIVERSAL DE DEREITOS HUMANOS e os tratados e acordos internacionais sobre a mesma materias ratificados polo Estado Español.

Este colectivo consensuou en asemblea que CONFORME A DEREITO corresponde ás administracións garantir o dereito a vivenda NON OS PARTICULARES.
CORRESPONDELLE AS AMINISTRACIÓN IGVS E CONCELLO ACTUAR COMO ARBITRO E PROPORCIONARLLE ALTERNATIVA HABITACIONAL ANTES DO DESPEXO.

Será logo que mobilizaremosnos para recordarlle as administracións que por lei están obligadas a proporcionen unha vivenda alternativa esta muller antes do despexo.

Desgraciadamente por experiencias anteriores o Colectivo Stop-Desafiuzamentos Ourense coñece o mal funcionamento das administracións a hora de proporcionar unha vivenda digna a un prezo asumible. Sabemos que na cidade de Ourense sigue sen haber vivenda social que permita a unha familia o mínimo de estabilidade para levar unha vida digna. No mellor dos casos dánselle unhas axudas absolutamente burocratizadas e que moitas veces chegan tarde. O lóxico sería ter un parque de vivenda social suficiente que permitira estabilidade para levar unha vida con dignidade onde puideran en cada momento destinar un máximo dun terzo dos seus ingresos o pago do aluguer e si puntualmente non puideran asumir o aluguer se lles posibilitara o pago fraccionado dos mesmos.

A realidade non pode ser máis distinta os gobernos Neoliberais do Partido Popular executan unha política de vivenda contraria o ordenamento constitucional encamiñada a que calquera axuda o aluguer vai a alimentar o mercado do aluguer sen importarlles e o sufrimento que pode ocasionar o non dispor dunha vivenda estable.

O articulo 47 da constitución di: Todos os Españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoveran as condicións necesarias e estableceran as normas pertinentes para que este dereito se faga efectivo, regulando a utilización do chan para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalía que xere a acción urbanística dos entes públicos.

Os gobernos do Partido Popular están incumprindo sistematicamente estes mandatos así dende o ano 1995 tiña que ter recollido no ordenamento xurídico Español a Normativa 93/13 de protección o consumidor. Podemos asegurar polo tanto que dende o ano 1995 non houbo un desafiuzamento conforme a dereito como ven de confirmar o TXUE Tribunal de Xustiza da Unión Europea en varias sentenzas que nons dan a razón sobre os abusos que se cometeron o asinar os contratos hipotecarios.

No ano 1998 Aznar reformou a lei do chan que abriu un ciclo especulativo sen precedentes que levou a quebra o sistema financeiro ante a pasividade do Gobernador do Banco de España Jaime Caruana la Corte. Posteriormente Mariano Rajoy executa un rescate bancario con diñeiro público de sanidade, educación, dependencia e pensións deixando a poboación nunha situación crítica inducida por un sock económico. A día de hoxe nin os políticos corruptos nin os banqueiros que propiciaron esta situación asumiron responsabilidades.

Pola contra séguese especulando coa vivenda apalancada polos bancos na SAREB Sociedade Para Xestión de Activos para a Reestruturación Bancaria (Banco Malo). Estes activos tóxicos de difícil venta almacénanse no Banco Malo cadrando os balances desas entidades con diñeiro público a espera de que fondos Voitres a merquen a prezo de saldo. Mentres se segue a despexar familias, chegando o abuso a tal nivel de vender vivenda social estes fondos que as despexa para logo alugárllelas a prezos inasumibles.

Por si isto fora pouco o goberno do Partido Popular propiciou as creación das SOCIMI (Sociedades Cotizadas de Inversión Inmobiliaria) no ano 2014. Con un tratamento fiscal privilexiado entran a explotar o RENTISMO do mercado do aluguer propiciando a entrada no mesmo de capitais transnacionais creando dende a súa aparición unha burbulla no mercado do aluguer que non para de medrar e que xa comezou a xerar serios problemas e que é previsible que vaian en aumento. O non intervir o goberno promovendo vivenda social os prezos dispáranse. O mesmo pasa co prezo da electricidade e dos subminístraos que non deixaron de medrar dende a súa privatización no ano 1997 polo goberno de José María Aznar.


Segundo os datos do CGPJ feitos públicos o 14 de dedembro do 2017 , no terceiro trimestre deste ano presentáronse nos xulgados 5.518 novas execucións hipotecarias, e producíronse 19.606 novos desafiuzamentos Continúa o ascenso imparable dos desafiuzamentos como consecuencia de falta de pagamento do aluguer que aumentan un 4,2%, como consecuencia das reformas da LAU, a burbulla que están a xerar nos prezos do aluguer o cambio a usos turísticos de vivendas que antes eran residenciais, e por suposto dos baixos salarios que impiden cada vez máis o acceso a unha vivenda digna. Esta brutal cifra de case 20.000 desafiuzamentos, pon novamente de manifesto o grave incumprimento por parte do Estado das recomendacións contidas no ditame de Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais da ONU de xuño do pasdo ano 17, no que se establecía un prazo de 6 meses para establecer unha serie de modificacións lexislativas, xudiciais e sociais, que o Goberno parece estar a ignorar ata o momento. Desde a PAH e os Colectivos Stop-desafiuzametos consideramos que, o Dereito Fundamental de acceso a unha vivenda digna no noso país, só será posible mediante a aprobación e aplicación íntegra da Lei de Vivenda da PAH, que se rexistrou no Congreso o 10 de xaneiro, e por ela continuaremos a mobilización necesaria ata a súa aprobación.

mércores, 7 de febreiro de 2018

HOMO HOMINI LUPUS !!!

UNHA ANCIÁ DE 82 ANOS VAI A SER DESAFIUZADA O DÍA 15 DE FEBREIRO NO CONCELLO DA RÚA DE VALDEORRAS.

MULLER, Foxan Os Ventos:

Ti és o milagre da terra
e, a terra é un milagre teu
mistura de mel e cerna
de fera e de anxo do ceo.
Pariches de pé o fillo,
como fan no mente as bestas.
E hoxe que volto vencido,
para que eu venza ti te deitas.

O voltar, qué che hei decir?!
Maldito o día e a hora
en que te deixei aquí
pra percurar vida fora!
O inverno da emigración
roubóunos a primavera,
quén eu era, xa non son,
e ti non és a que eras!
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
poden en Madrí falar
con palabras ben fermosas,
que nunca nos han de pagar
a nosa fame de outrora!


O HOME É O LOBO DO HOME !!!

O día 30 de febreiro chamounos unha chica a que chamaremos ESPERANZA. E fíxonos saber que unha anciá de 82 anos, a que chamaremos HUMILDE INQUILINA, vai a ser despexada da súa vivenda.

Sucede que HUMILDE INQUILINA volveu da Arxentina fai 19 anos. A volta sen recursos, un Tíu seu, pouco maior que ela, deixoulle unha casa que tiña en desuso para que a habitara . Fixérono de palabra, de boa fe, eran sangue da mesma sangue. Este home faleceu recentemente e unha irmá súa herdou esa vivenda, é un feito, non somos nos quen para cuestionar esta herdanza.

Pois esta “Tía” da señora humilde Inquilina reclamoulle a vivenda e díxolle que a tiña que abandonar que agora era dela. Humilde inquilina incrédula, nun principio, foi aceptando os feitos e propúxolle pagarlle un aluguer ou chegar a un acordo para poder seguir vivindo nesta casa, pois para onde ía con esa idade e con unha saúde delicada. Lembroulle que esa vivenda cando entrou nela estaba inhabitable, pero nada conmoveu a súa “Tía”.

Humilde Inquilina percibe unha RISGA que non chega os 400€. Alimentate e paga un aluguer con 400€ !

A “tía” tomouse moi en serio a cousa e no mes de presentou demanda por ocupación da vivenda. O 1 de febreiro notificáronlle oficialmente a sentencia do “ xuízo verbal por desafiuzamento precario” facéndolle saber que o día 15 de febreiro ás 11:00 da maña se procedería o LANZAMENTO da vivenda DE HUMILDE INQUILINA.

Nestes casos a actuación do colectivo Stop-desafiuzamentos inicialmente e Protocolario o chocar o dereito a Propiedade da “Tía” co dereito a Vivenda a unha vivenda digna de Humilde Inquilina ,está pactado constitucionalmente e en outra lexislación derivada que SERÁN AS ADMINISTRACIÓNS QUEN DEBERÁN PROCURAR UNHA VIVENDA DIGNA a HUMILDE INQUILINA
Polo tanto hoxe presentamos solicitudes por escrito de vivenda Social no Concello da Rúa de Valdeorras, no Instituto Galego de Vivenda e Solo (I.G.V.S) acompañado de informe médico da señora Humilde Inquilina. A continuación presentouse no xulgado de Instrución Nº2 do Barco de Valdeorras que coñeceu do caso solicitude de APRAZAMENTO en base o articulo 704 da Lei de

Enxuizamento Civil. Dándolle traslado no mesmo da SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE na que se atopa a señora Humilde Inquilina Conforme está previsto no Convenio asinado no ano 2013 entre o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) “sobre a detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión de lanzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social”.

Convenio que foi arrincado LOITANDO nas rúas, desafiuzamento a desafiuzamento, dende o ano 2009.

Cúmprase o artículo 47 da Constitución “Pacta sunt servanda” !!!

Estaremos vixiantes !!!

Ourense a 7 de febreiro de 2018.

mércores, 31 de xaneiro de 2018


JOQUESE MARÍA ERAUSKIN SOLICITA QUE SE ABRA CUESTIÓN XUDICIAL O TXUE SOBRE O ÍNDICE IRPH.


Todo un exemplo de solidariedade Jose María Erauskin ! !
Este home percorre o estado axudando a familias altruistamente (sen cobrar) polo mero placer de facer xustiza.
Nos coñecémolo polas compañeiras de Stop-desafiuzamentos Rede Apoio Mutuo Ferrol, e Pah Ferrol. Pedímoslle axuda para unha demanda contra UCI Unidades Crédito Inmobiliario (Santander/Paribas).

Estamos librando unha GUERRA TOTAL NOS XULGADOS afectados pola política vivenda dos gobernos neoliberais de M.Rajoy e Feijoo. Invocando varios artículos da Constitución é a Normativa 93/13 de protección o consumidor ESTA normativa tiña que estar introducida na lexislación do Estado Español dende o ano 1995, DENDE ESTA DATA TODOS OS DESPEXOS SON CONTRARIOS A NORMATIVA e o articulo 10.2 da C.E que OBRIGA a asumir os tratados asinados polo Estado Español.

TODOS ILEGAIS ! ESTO DEBERÍA SER SUFICIENTE PARA ENTENDER A ESPECULACIÓN E A BURBULLA INMOBILIARIA sin ilegalidade non hay especulación ver art47 C.E !!

 VERSUS:

Neoliberais e corruptelas varias incluído algunha posible prevaricación do supremo. Na retroactividade das cláusulas chan por exemplo.

Agora o Supremo que esta obrigado a ditar sentencias que creen unidade de criterio nos xulgados de todo o estado e xurisprudencia, CO VOTO EN CONTRA de dous maxistrados, en sentencia de 14 de decembro pasado ano 17. Di que o ÍNDICE IRPH é un índice oficial polo tanto non é abusivo. O abuso non está no indice está en como se ofertou o consumidor.

TEMOS A ESPERANZA de que o TXUE por 9vena vez CORRIXA o SUPREMO e obrigue a pasar control de transparencia este Índice.
Hai 1.500.000 familias con contratos hipotecarios pagando ata 2000€ a maiores cada ano que si tiveran índice EURIBOR. Todo coa complicidade e o ESCENISMO (de escena dos Notarios) e do Goberno rescatador de Bancos. Moitas poden perder a vivenda ou xa a perderon por este índice.

Titulización de débeda e falta de lixitimación activa das entidades para reclamar a vivenda as familias !! (ESTA É A MATRIZ DO SISTEMA) pois tamén chegamos aí NOS OS NINGUÉN !!!

E SI FALAMOS DA LAU E DOS DESAFIUZAMENTOS POR IMPAGO DO ALUGUER esto si é a GUERRA DEFINITIVA.

Non sacan vivenda social o mercado para non alterar os prezos do aluguer a baixa. Recentemente crean as SOCIMI Enxendros financeiros para adueñarse do rentismo todo o que seña alugable dende baixos a vivendas .Tiñades que ver as condicións fiscais destas SOCIMI, non entro, un caramelo para os capitais, iso si, TEÑEN QUE REPARTIR DIVIDENDO propiciando así a entrada do CAPITAL TRANSNACIONAL
GLOBALIZADO no mercado do aluguer. IMAXINADE O FUTURO que nos espera cos salarios e a precariedade laboral para acceder a vivenda !

E POR SI NON CHEGABAN os putos voitres están OS PRESTAMISTAS PRIVADOS Como Antonio Arroyo, 1500 familias estafadas en todo estado e entroncado na trama Púnica, e moitos outros agochados vixiando, dende a súa particular rede de araña, as necesidades de comer de algunha familia para prestarlle o que precise. Caso dunha familia da cidade de Ourense que apertada economicamente pediulle 6000 € e con consentimento e engano dos notarios firmou a devolver 60.000€ nun prazo de 8 meses con un interese de mora do 39%. Despexábana en maio a día de hoxe seguen, o matrimonio e as dúas fillas, unha menor, na vivenda, dende maio do pasado ano, e ANTONIO ARROYO no cárcere de Soto do Real, por outros casos, e témolo demandado por USURA Lei Azcárate de 1808, máis xusta que as de hoxe, co obxectivo de anular o contrato.

NON PODEN DESPEXAR A UNHA FAMILIA SEN ALTERNATIVA HABITACIONAL, NON CO NOSO SILENCIO, ISTE É O NOSO SAGRADO MANTRA QUE NOS MANTÉN FIRMES E UNIDOS NUNHA LOITA SILENCIOSA, (o silencio é a súa estratexia), CONTRA A ALMA DO SISTEMA. NA QUE PARTILLAN EN TODO O ESTADO VERDADEIROS ANXOS ALTRUÍSTAS DISPOSTOS A AXUDAR E A SACIAR A SÚA SEDE DE XUSTIZA !!!!

HAI UNHA GUERRA AÍ FORA POR TER UN TEITO DIGNO.

M.RAJOY Ten casa e calefacción, non sente friu nin desesperación por chegar a fin de mes por esto lexisla para RESCATAR BANCOS non familias.


COMENTARIO NO GRUPO IRPH DE TELEGRAM:
Buenos días.
El día de ayer trajo de nuevo emociones intensas, emociones que nos hacían mucha falta, volvemos a coger aire, nos volvemos a levantar y seguimos, estamos a un paso de poder descansar hasta que Europa decida como los jueces españoles una vez más tienen que tratar nuestros casos en los juzgados.
Por respeto a los compañeros que en los próximos días tienen fecha de juicio, vista o audiencia, continuaremos con las campañas pidiendo y anunciando la prejudicial a jueces y medios y hasta que la misma no se haga efectiva y se paralicen todos los procedimientos seguiremos incordiando y molestando a quien haga falta.
Hoy bendito miércoles de esperanza, lanzamos tweets desde la cuenta @yoa2701 pidiendo que se eleve cuestión prejudicial y desde la cuenta @gtirph hay tweets colgados anunciando la prejudicial.
Dejo por aquí enlace de confilegal y artículo de @luisjasanchez que siempre en intervalos cortos de tiempo publica cada vez que hay novedades y con honestidad.
Tenemos la necesidad de hacer todo el ruido posible hasta que se lleve a trámite la prejudicial y hacernos visibles en redes, retwitear os llevará 10 min como mucho.
Un último paso y llegamos al final del camino.
Quien lo iba a decir eeeh!!
¡¡Vamos!!

Varios jueces ultiman ya llevar las hipotecas IRPH ante la justicia europea

La Audiencia Provincial elevará una consulta tras escuchar a las partes y un juzgado de Barcelona ha abierto una pieza separada

Solicitarán al TJUE que se pronuncie tras los fallos contradictorios con el aval del Supremo a estos créditos

https://cincodias.elpais.com/cincodias/2018/01/31/midinero/1517391610_643642.html
SOBRESIDO O PROCEDEMENTO DE EXECUCIÓN HIPOTECARIA INICIADO POR BANKIA CONTRA UNHA COMPAÑEIRA.

Esta muller, que a día de hoxe segue activa e comprometida co colectivo stop-desafiuzamentos Ourense, unha boa compañeira, pídenos axuda a finais de 2013, pois no pode seguir pagando as cotas hipotecarias do crédito hipotecario solicitado a Bankia que asinara coa súa exparella en novembro de 2010.

O principios de 2014 propuxemos presencialemte a entidade financeira a imposibilidade de seguir facendo fronte os pagos por abandono familiar da súa parella. Ela fixo fronte os pagos en solitario dende outubro de 2011 momento do abandono familiar ata que a situación se fixo insostible o quedar solo cos ingresos dunha renda de inserción social.

En setembro de 2016 Bankia comeza o procedemento de execución hipotecaria e O Colectivo Stop-desafiuzamentos Ourense proponlle por escrito a Entidade unha Dación en pago ou liquidar o pago de parte da débeda con un aluguer social. A entidade no acepta e decidimos elevar unha demanda por cláusulas abusivas.

A día de hoxe o procedemento de execución hipotecaria iniciado por Bankia contra esta compañeira quedou sobresido en Primeira Instancia por terse iniciado en base a cláusula de rescisión anticipada declarada abusiva polo TXUE en sentencia do 26 xaneiro de 2017. A espera de resposta da cuestión prexudicial plantexada Tribunal Supremo o TXUE sobre esta materia. Bankia pode recurrir a Audiencia Provincial que esperemos que confirme o ditado en primeira Instancia.

Stop-Desafiuzamentos Ourense fai público o agradecemento a Roberto de Estevez/e/Dominguez Avogados que se ofreceu a levar esta demanda de xeito altruísta.

Todos os procedementos de execución hipotecaria se inician en base esta cláusula e todos os posteriores o ano 1995 son contrarios a dereito por non ter integrada a normativa europea 93/13 de protección o consumidor como estaba obrigado a facer o Estado Español por mandato do artigo 10.2 da Constitución Española. José María Aznar chegou o poder no ano 1996 e non implementou esta normativa o noso ordenamento xurídico deixado os consumidores en situación de inferioridade e desprotexidas fronte as entidades financeiras, isto explica o abuso crediticio o que nos someteron e a burbulla inmobiliaria.

Unha entidade financeira reclama o pago da totalidade dun crédito asinado a 25 ou 30 anos baseándose nesta cláusula de rescisión anticipada o lóxico sería que reclamara as cotas impagadas e os intereses de demora non o total do préstamo. Pero a realidade é que isto permítelle a entidade facer un bo negocio. Si unha familia leva  10, 15 ou 20 anos pagando intereses e de pronto deixa de pagar 3 cotas a entidade comeza o proceso de execución que remata coa adxudicación da vivenda a entidade financeira que a porá a venda quedándose cos intereses que pagou nestes anos esa familia reclamándolle a cantidade liquidada do crédito deixando a esta familia con unha débeda impagable de por vida.

O goberno do Partido Popular sigue rescatando entidades financeiras con diñeiro público das nosas pensións, da educación e da sanidade, mentras estas despexan familias sen piedade !

Nin un paso atrás, seguimos !!

Deixamos o auto de sobresemento.


domingo, 14 de xaneiro de 2018




Case 20.000 desafiuzamentos no terceiro trimestre deste ano Case 20.000 desafiuzamentos no terceiro trimestre do ano 2017.

  Segundo os datos do CGPJ feitos públicos o 14 de dedembro do 2017 , no terceiro trimestre deste ano presentáronse nos xulgados 5.518 novas execucións hipotecarias, e producíronse 19.606 novos desafiuzamentos en todo o estado. Seguen baixando os derivados de execución hipotecaria, froito da “tregua” que mantén os procedementos paralizados nos, xulgados á espera de senllas resolucións do TXUE sobre as cláusulas de vencimento anticipado e de intereses de demora. Continúa o ascenso imparable dos desafiuzamentos como consecuencia de falta de pagamento do aluguer que aumentan un 4,2%, como consecuencia da indefensión que sofren os inquilinos como consecuencia das reformas da LAU, a burbulla que están a xerar nos prezos do aluguer o cambio a usos turísticos de vivendas que antes eran residenciais, e por suposto dos baixos salarios que impiden cada vez máis o acceso a unha vivenda digna. Esta brutal cifra de case 20.000 desafiuzamentos, pon novamente de manifesto o grave incumprimento por parte do Estado das recomendacións contidas no ditame de Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais da ONU do pasado mes de xuño, no que se establecía un prazo de 6 meses para establecer unha serie de modificacións lexislativas, xudiciais e sociais, que o Goberno parece estar a ignorar ata o momento. Desde a PAH consideramos que, o Dereito Fundamental de acceso a unha vivenda digna no noso país, só será posible mediante a aprobación e aplicación íntegra da Lei de Vivenda da PAH, que esperamos rexistrar no Congreso o próximo 10 de xaneiro, e por ela continuaremos a mobilización necesaria ata a súa aprobación.