mércores, 25 de maio de 2016




Deixamos os dous textos os que se deu lectura no 5º aniversario do 15M, no primeiro faise un repaso a loita da PAH e o Colectivo STOP-DESAFIUZAMENTOS dende o nacemento no ano 2009. No segundo texto que vai de seguido a iste, exponse o caso real dunha compañeira vítima de violencia machista. Iste segundo texto parecíanos a maneira máis axeitada de visualizar a hipocrisía e o desleixo institucional na procura do cumprimento efectivo do dereito a unha vivenda digna, recollido no artigo 47 da C.E.


TEXTO STOP-DESAFIUZAMENTOS ANIVERSARIO 15M 2016

O artigo 25 da Declaración Universal de Dereitos Humanos establece que “toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure así como a súa familia a saúde e benestar, en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, asistencia médica e os servizos sociais necesarios”.

O artigo 11 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, do cal o estado español e asinante, recoñece o dereito de toda persoa a un nivel de vida axeitado para si mesmo e a súa familia, alimentación, vestido e vivenda adecuadas, e unha mellora continua das condicións de existencia.

O artigo 47 da Constitución Española, no capitulo dos dereitos e deberes fundamentais, establece que todos os españois teñen dereito a unha vivenda digna. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo da cordo co interese xeral, para impedir a especulación. A comunidade participara das plusvalías que xenere a acción urbanística.

O artigo 27.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, di que corresponde a comunidade autónoma galega, a competencia exclusiva en materia de vivenda.

POR ISTO A P.A.H. (PLATAFORMA AFECTADOS POLA HIPOTECA) E STOP DESAFIUZAMENTOS RECLAMAN COMO UN DEREITO FUNDAMENTAL A VIVENDA DIGNA PARA TODAS.

O Dereito a unha vivenda digna, debe transcender polo tanto, o significado material e o concepto do mercado do mesmo. Sen unha vivenda estable e axeitada dificilmente se poden desenrolar outros aspectos fundamentais da condición humana.


A realidade que nos atopamos é ben distinta do que ordena o estado de dereito.

Dende a reforma da lei do chan promovida por José María Aznar, en 1998, vulnerando o artigo 47 da Constitución Española, des-regulariza o uso do chan, quedando a dispor do mercado e as súas reglas, hoxe coñecidas por todas.

A falla dunha mínima intervención do estado, deu como resultado unha burbulla, de especulación inmobiliaria apoiada en autenticas tramas políticas corruptas, tendo como consecuencia o “suposto fallo do sistema financeiro”, que era imprescindible nesta trama.

En outubro do 2008, estoura esta burbulla inmobiliaria, como resultado 600.000 familias son desafiuzadas, moitas delas quedan con débedas e sufrimento de por vida, e trae como consecuencia incontables suicidios que intencionadamente non forman parte das estadísticas.

O partido socialista e o partido popular, no canto de reaccionar axudando as familias reforman o artigo 135 da Constitución e prioriza o rescate bancario.
Destinan 200.000 millóns de euros o pago diste rescate sin esixir ningunha responsabilidade pola quebra do mesmo.

Nun artificio ilexítimo e sin previa auditoría, converten débeda privada en débeda pública alcanzando esta o 100% do P.I.B. pola que nos vemos obrigados a pagar 36.000 millóns de euros de intereses cada ano. Isto supón recortes a servizos sociais, sanidade, dependencia, educación etc.

Na actualidade seguen a especular coa SAREB (Sociedade de xestión de Activos para a Reestruturación Bancaria), avalando con diñeiro público negocios privados de fondos voitres, mentres moitas familias sofren, e persoas se suicidan co silencio cómplice das estadísticas.

Ante os abusos da banca e desprotexidos polas institucións, a P.A.H. nace en Barcelona, no ano 2009. Coincidindo co 15M rapidamente se extende ata crearse 206 asambleas anti-desafiuzamentos en todo o estado.

O longo diste tempo, presentamos a ILP contra os desafiuzamentos e pola dación en pago, avalada con 1.500.000 sinaturas, que foi rexeitada con “maioría absolutista” do Partido Popular no Congreso. Fixemos escraches, dándolle a coñecer a nosa demanda os deputados que non querían escoitarnos. Tratáronnos como terroristas e multáronnos. Finalmente para amedrentarnos e desmobilizarnos crearon a lei de seguridade cidadán (Lei Mordaza). Unha lei antidemocrática e represora, como lle fixo saber a O.N.U. e o Consello de Europa, o goberno do Partido Popular. Esta lei non impediu que sigamos a mobilizarnos.

Demos traslado a todos os Xuíces Decanos do estado da xurisprudencia europea do T.J.U.E., que contradi a lexislación española.

A falla de recursos económicos, non só impide o acceso a vivenda, tamén esta ligada a pobreza enerxética e nos casos de violencia machista agrávanse estes problemas. Así promovemos leis autonómicas pola vivenda digna e contra a pobreza enerxética, no ano 2013 en Galiza, Andalucía e Navarra, no ano 2015, no Pais Vasco e Cataluña, esta última co agravante de recurrila cun Goberno en funcións. Todas elas suspendidas no tribunal constitucional polo Partido Popular. Sempre posicionado na defensa dos intereses da banca e das grandes empresas subministradoras, para aumentar os seus beneficios mentres deixan a milleiros de familias a súa sorte.

STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE, nace a finais do 2011, nas asembleas do 15M. Dende esta data axudamos a 100 familias con diferentes problemáticas, algunhas permanecen no colectivo axudando a novas familias que se incorporan e outras abandonaron o colectivo. Sendo a falta de compromiso o maior problema que padece o colectivo en todo o estado. Dende o nacemento, nunca deixamos de facer as asembleas na praza. A realidade é que nada ou moi pouco mudou, e consideramos que estas asembleas públicas e abertas axudan a non esquecer e son en si mesmas un acto político e de resistencia.

Nas ultimas eleccións xerais presentamos a campaña AS CINCO DA P.A.H. esixindo as formacións políticas que incluirán nos seus programas e que se comprometerán a cumprir estas cinco demandas:
- DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA
- ALUGUERES ASEQUIBLES
- STOP DESAFIUZAMENTOS
- VIVENDA SOCIAL SUFICIENTE
- SUMISNISTROS BÁSICOS GARANTIDOS

Desgraciadamente os tempos políticos son diferentes os das persoas e vémonos noutro período electoral onde teremos que volver esixir estas 5 demandas.

Recentemente sumáronse o colectivo 20 familias que residen en Bemposta.
Polas especiais circunstancias destes casos considermos que é un momento excepcional para chamar a unidade de acción dos colectivos da cidade, encamiñada cara unha gran rede de apoio mutuo que supere as eivas do capitalismo estatolátrico e nos empondere a todas no auto-organización e no cooperativismo integral, que nos demostre a nos mesmas e os defensores da competitividade que somos capaces de facer as cousas doutro xeito, que o futuro é noso e nos facemos cargo del.

Esta loita será longa, e renderse non é unha opción”

NEN CASAS SEN XENTE NIN XENTE SEN CASA”


 
TEXTO CASO REAL:

Pedimos desculpas por ocupar demasiado tempo, pero creemos que a realidade e a mellor maneira de denunciar o que acontece. A situación que está a vivir unha compañeira, servirá para visibilizar e afondar na hipocresía do sistema ata limites insospeitados.

Esta compañeira vítima de violencia machista, cun fillo menor autista, con grao 3 de dependencia e sen ningún tipo de apoio familiar, logo de varios anos de maltrato, recomendáselle dende as administracións denunciar a súa parella.

Logo da denuncia abandona o seu fogar e vai vivir a unha casa de acollida, na que pode permanecer como máximo un ano. Pasa a cobrar unha RAI de 426 euros coa que ten que manterse ela e o seu fillo, ademais de pagar un aluguer.

No mes de outubro do 2015 esquecese de selar a RAI no INEM, tendo que volver iniciar o proceso de solicitude. Comunícalle a situación a traballadora social de San Cibrao das Viñas, concello no que reside, e non oferta ningunha solución.

Pasa 5 meses sin ingresos, ten que deixar de pagar o aluguer do piso e mantense dos adiantos que lle fai o banco e da caridade. Finalmente no mes de marzo ten que deixar a vivenda por impago de aluguer.

O 10 de marzo contacta co colectivo STOP DESAFIUZAMENTOS. Dirixímonos por escrito, expoñendo a situación de María o Concello de San Cibrao e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (I.G.V.S.). No mesmo dia reunímonos co alcalde de San Cibrao que nos di coñecer o caso e non poder facer ren. Facemos público nos medios o caso e organizamos concentracións para denunciar os feitos.

Dende o 14 de marzo é o colectivo quen se fai cargo de dúas mensualidades de aluguer, dunha habitación con dereito a cociña. Neste tempo tivo que mudar tres veces de casa. O 10 de Abril, recupera a RAI, logo de cinco meses, pero o banco faise ca maioría do ingresado o non interesar o pago fraccionado dos adiantos.
Os constantes cambios de domicilio producen unha alteración na necesaria estabilidade do menor que se traduce en problemas considerables no colexio. Iniciando o procedemento de traslado, antes de rematar este curso, creando mais ansiedade no menor e na nai.

A hora de pagar o mes de maio, María xa non dispón de ingresos, que xa os retirou o banco. O non poder pagar ata o día 10, leva o arrendador a desconfiar e vese fora da vivenda en emerxencias cunha crise de ansiedade.

A traballadora social de Ourense, non pode solicitarlle axudas de emerxencia por levar menos de tres meses censada no concello. Tivo que censarse no Concello de Ourense por estar a de San Cibrao das Viñas de baixa e ser urxente de facer un informe o IGVS para solicitar vivenda social.

Ante esta situación de emerxencia, véndose outra vez na rúa, por fin o IGVS libera a única vivenda de protección social da que dispón en Ourense, case dous meses despois de solicitala.

Esta vivenda non é adecuada as súas circunstancias pois ten que facerse cargo de varios impostos como o IBI (Imposto de Bens Inmobles), Imposto de Actos Xurídicos Documentados, altas de subminístros, gas eléctrico e auga. Non dispón de mobles e electrodomésticos e os únicos dos que dispón son armarios empotrados e mobiliario de cociña o límite do aceptable. Finalmente ante a desesperación, o 9 de Maio asinamos o contrato de arredamento co IGVS.

Os problemas, outra vez creados pola falta de eficiencia das administracións, seguen aumentando. Logo de un día completo tentando dar de alta os subminístros eléctricos e de gas, dámonos conta de que resulta case imposible, ante a falta de datos imprescindibles que deberían figurar no IGVS, nin sequera a dirección consta como correcta.

No caso de María, observase con claridade unha absoluta falta de coordinación entre administracións, exceso de burocracia e un desleixo total coas vítima da violencia machista que son abandonadas a sorte dunha axuda, en toda medida insuficiente coas que teñen que manter as crianzas e pagar un aluguer, pasando da violencia machista a violencia institucional.

Ante estes feitos reclamamos a Xunta de Galicia, que ten as competencias exclusivas en vivenda e servizos sociais, que cree protocolos específicos axeitados as mulleres vítimas de violencia machista, demandantes de vivenda social. E que no canto de protexer os directivos das caixas e rescatar a banca, axude a estas mulleres e as súas familias. E lembrámoslle o Presidente da Xunta, o hipócrita que resulta os nosos ollos velo detrás dunha pancarta, cada vez que asasinan a unha muller, cando son as institucións que el preside as que as abandoan a súa sorte.

Esta loita será longa, e renderse non é unha opción”

NEN CASAS SEN XENTE NIN XENTE SEN CASA”








14 DE MAIO DE 2016.

5 Aniversario do 15M . En Ourense celebrase co nome a Converxencia das Loitas. Na data do aniversario o 15m Ourense visualizou e confraternizou as diferentes loitas activas na cidade. 22 Colectivos compartiron esta xornada reivindicativa.

Stop-desafiuzamentos Ourense foi un dos colectivos que participou nesta xornada. Dúas compañeiras Estela e Cristina deron lectura a dous textos que dan visibilidade a loita por unha vivenda digna.


 
O 15M de Ourense respostou ao chamamento internacional realizado polo movemento Nuit Debout e, no seu 5º aniversario, convoca a toda a cidadanía ourensá a un encontro ao redor da CONVERXENCIA DE LOITAS, o sábado día 14 ás 19h na Praza Maior de Ourense. Este evento quere recoñecer e visibilizar as loitas sociais e políticas vixentes na nosa cidade, así como aquelas persoas que fan do seu compromiso con elas unha forma de vida. Por todas aquelas que manteñen viva a chama dunha cidade alegre e reivindicativa vai este quinto aniversario do movemento na nosa cidade.

A Praza Maior de Ourense converterase no lugar onde escoitaremos as voces daquelas que sosteñen a chama da loita popular e cidadá ao longo de todo o ano. En defensa da lingua, do dereito á vivenda ou da liberdade de expresión. Reclamando unha educación e sanidade públicas, gratuítas e de calidade. A preservación do patrimonio de Benposta ou a construcción dun centro para persoas con diversidade funcional. Un campus digno e tamén unha Casa da Xuventude viva e de todas. A apertura de fronteiras para as persoas refuxiadas e máis o respecto aos dereitos do pobo Palestino e do pobo Saharaui. A existencia dun espazo sociocultural autoxestionado e tamén o dereito a unha mobilidade sostible pola nosa cidade. A loita do movemento feminista e máis do movemento ecoloxista. O dereito a pan, traballo e teito. O dereito a querer ser nai ou non e máis a un parto respectado. Os grupos que defenden outros modelos de consumo. E tamén aqueles que reclaman ríos limpos ou que loitan pola defensa dos nosos montes.


http://www.laregion.es/articulo/ourense/movimientos-ciudadanos-citan-praza-maior/20160512221715621312.html 

http://www.periodicobarrios.com/2016/05/12/unha-converxencia-das-loitas-de-ourense-celebrara-o-5o-aniversario-do-15m/ 






















luns, 18 de abril de 2016


COMUNICADO STOP-DESAFIUZAMENTOS.

O venres día 15 a delegación da Xunta de Galicia en Ourense o I.G.V.S Instituto Galego de Vivenda e Solo emitía unha nota de imprensa facendo referencia a concesión dunha vivenda de aluguer social a unha familia en risco de exclusión social.

Stop-desafiuzamentos Ourense considera este comunicado mera propaganda electoral xa que non debería ser noticia o cumprimento das obrigas dunha administración o servizo da poboación e que se debe de xeito absoluto a cidadanía que é quen a nutre, co do pago de impostos, do diñeiro necesario para o seu funcionamento.

Proba que confirma a contradicción son os seguintes datos:

O longo dos últimos 5 anos stop-desafiuzamentos puido comprobar como en varias ocasións que se demandou vivenda social no IG.V.S, a maioría das veces mulleres con fillos menores a cargo, non dispuña de vivendas de emerxencia, si logo de un tempo facía algunha oferta era en vilas lonxe da cidade de Ourense como o Barco de Valdeorras .Tivo que ser o colectivo quen acudiu estas familias e lles deu apoio e axudou a buscar unha solución de emerxencia.

Nin nos casos de violencia de xénero, con problemas de desafiuzamento, foron capaces de dar unha reposta urxente e axeitada o problema de vivenda destas mulleres. Niste tempo tivemos coñecemento de 5 casos de violencia de xénero. En 3 dos mesmos demandouse vivenda de aluguer social e so mentes nun dos casos, e logo de tempo, se concedeu. A día de hoxe unha muller vítima de violencia machista con un fillo con autismo esta residindo nunha habitación con dereito a cociña costeada con diñeiro aportado polo colectivo.

Este caso é o exemplo claro do interese que pon o PP no cumprimento efectivo do dereito a vivenda recollido no artigo 47 da C.E. Esta muller perde unha RAI por non ter selado no mes de novembro no INEM. Consecuencia da perda desta axuda económica queda sen ingresos e pono en coñecemento da traballadora social de San Cibrao das Viñas gobernado polo PP.

Dende novembro de 2015 ata Marzo de 2016 as dúas administracións gobernadas polo PP non son capaces de darlle solución o problema desta muller sendo despexada da vivenda onde residía por ímpago de aluguer o día 14 de marzo. Este mesmo día o colectivo que coñece do caso, derivado de Cruz Roja Ourense, dende o día 10 de marzo, presenta escritos solicitando vivenda social urxente por non ter onde acollerse. A día de hoxe aínda está en trámite a concesión desta vivenda.

Non fai falla detallar o calvario que pasou o longo de 5 meses para poder sobrevivir sin ningún tipo de axuda nin apoio familiar de ningún tipo e con un fillo menor. Todo por esquecerse selar un documento e polo desleixo destas dúas administracións.

Son as mobilizacións e a denuncia da sociedade activa as que obrigan as administracións. Con todo e como se pode comprobar nos casos que expoñemos están ben lonxe de ser dilixentes coas súas obrigas.

Na nota que emite o IGVS fai referencia, case publicitaria, a unha entidade financeira que di non desafiuzar as familias. ABANCA procedía no mes de novembro de 2015 o despexo dunha familia con un menor estando o pai enfermo de Leucemia Linfoblástica. Foron os escritos presentado no xulgado e a presión do colectivo a que detivo este desafiuzamento que se atopa en suspenso a espera de que a entidade ABANCA lle conceda un aluguer social na vivenda da cal quer tomar posesión.

Esta defensa de ABANCA non nos sorprende tendo en conta que foi o presidente da Xunta de Galicia que durante este mandato permitiu a eliminación total do sistema de aforro galego. Concretamente do que se consideraba o sistema público, as Caixas de aforro. O Presidente Feijóo permitiu que se sanearan con 9000 millóns € de diñeiro público para sanealas e privatizalas pasando hoxe a daren 1200 millóns de € de beneficios anuais que pasan a intereses privados.Nin o presidende da Xunta nin Mariano Rajoi puxeron o mínimo interés en perseguir os responsables da quebra do sistema financeiro galego.

O partido popular ten demostrado en varias ocasións que non está do lado das persoas que non dispoñen de recursos para poder costear unha vivenda digna nin os suministros básicos da mesma. O partido popular goberna para defender os interese da Banca e das grandes empresas suiministradoras. Cando chegan as eleccións ten que facer PUBLICIDADE.


¡ SOBRAN MOTIVOS !

Caceroladas en máis de 50 sedes do pp de todo o estado.

Sumate a defensa da lei 24/2015 :
http://afectadosporlahipoteca.com/2016/04/18/campana-de-adhesiones-en-defensa-de-la-ley-242015-contra-la-emergencia-habitacional/









A reforma da lei do chan feita por José María Aznar no ano 1998 estando de ministro de economía Rodrigo Rato propiciou un ciclo de especulativo que trouxo como resultado unha burbulla inmobiliaria que rebentaría en outubro de 2008. Durante este período unha minoría, actuando como unha auténtica trama corrupta, enriqueceríase rapidamente de xeito irracional, alterando o prezo dun ben básico, mentres a maioría se lle faría imposible o acceso a vivenda a presos razoables.

Este ciclo especulativo trouxo como resultado a quebra das caixas de aforro de todo o Estado que supuñan a metade do aforro da cidadanía, véndose afectado o conxunto do sistema financeiro que tivo que ser rescatado con 200.000 millóns de € de diñeiro público que supón recortes en sanidade ensino dependencia etc.
, Consecuencia disto tamén é a elevadísima débeda pública , xa supera o 100% do PIB, creada no rescate diste sistema financeiro convertendo débeda privada en pública que nos obriga a destinar 36.000 millóns de € de diñeiro público soltamente o pago dos intereses da mesma, hipotecando o futuro das seguintes xeracións sin que a día de hoxe se esixira ningún tipo de responsabilidades os directivos, tendo cometido todo tipo de delitos societarios e de alteración do prezo das cousas.

O rescate do sistema financeiro evidenciase feito a medida das elítes; sanease a entidade,supostamente quebrada, con diñeiro público vendese por unha cantidade ridícula a unha entidade privada, pronto pasa a dar beneficios que que se destinarán o pago de dividendos pero nin se esixe que, cando menos, devolvan o diñeiro do rescate. Digamos que aproveitaron este ciclo especulativo para PRIVATIZAR A TOTALIDADE DO SISTEMA FINANCEIRO.

Na actualidade e grazas a crecreación do Banco Malo a SAREB ( Sociedade de xestión de Activos para a Reestruturación Bancaria) estamos presenciando un segundo nivel de especulación inmobiliaria que chega permitir que fondos Voitres como Black Stone compren paquetes de vivenda social a baixo custo para logo revendelos con elevados beneficios.

Durante o goberno de José María Aznar tamén se comezou a privatización do sistema enerxético e a eliminación marco legal estable establecido na crise do petróleo de 1973 que regulaba o prezo da enerxía. Como consecuencia desta privatización vémonos obrigadas a destinar elevadas cantidades de recursos públicos o pago do suposto déficit tarifario para que finalmente as suministradoras repartan beneficios en forma de dividendos entre os seus accionistas, mentres moias familias sofren POBREZA ENERXÉTICA.

O partido socialista tivo a oportunidade de iniciar a viraxe da política neoliberal a unha política que poña a economía o servizo das familias e non dos especuladores pero o final do mandato de José Luis Rodríguez Zapatero decidiu someterse a vontade do Partido Popular e da súa socia Angela Merquel reformando o artigo 135 da Constitución priorizando o pago dunha débeda inxusta e Ilexitimamente trasladada a débeda pública sin ser auditada.

O PP demostrou en reiteradas ocasións que un dos obxectivos principais dos seus gobernos e acción parlamentaria é protexer os intereses da banca e das grandes empresas do oligopolio enerxético por encima dos dereitos fundamentais da poboación Para conseguilo son capaces do que sexa necesario.
Bloquearon a ILP hipotecaria estatal da PAH no Congreso que fora avalada con 1,5 millóns de sinaturas e despois levárona o Tribunal Constitucional, esixindo a súa suspensión, todas as normas impulsadas por gobernos autonómicos sobre vivenda digna, En Xuño de 2013 Frearon a entrada no Parlamento Galego da ILP por unha “ Lei de Vivenda Digna e Contra a Pobreza enerxética” impulsada polas PAH-STOP galegas, o Decreto Lei 6/2013 de Andalucia sobre a función da vivenda, a Ley Foral 24/2013 de Navarra de medidas urxentes para garantir o dereito a vivenda, e a Lei 3/2015 de viuvebda do País Vasco.

Agora coa agravante de ser un goberno en funcións e como último servizo do PP ca banca e as empresas subministradoras, atacan a Lei 24/2015 de 29 de xullo, de medidas urxentes no ámbito da vivenda e da pobreza enerxética. /2015 de vivenda do País Vasco.

Non nos quedaremos de brazos cruzados esperando que a suspendan. Advertimos publicamente o PP que se equivoca si pensa que tombar esta lei sairalle gratis. Non permitiremos un golpe de estado dun goberno en funcións do PP, da banca e das subministradoras a leis que funcionan, que viñeron para quedarse e para garantir o dereito a vivenda digna e a so subministros básicos.
Estas leis naceron na rúa e seremos as persoas na rúa as que as defenderemos con todas as nosas enerxías: ¡ PORQUE HAI VIDAS EN XOGO NON NOS RENDEREMOS ¡

Chamamos a cidadanía e a toda a sociedade a defender os dereitos que conquistamos, pero tamén facemos un chamamento aos grupos parlamentarios dos Parlamentos Autonómicos e a os do Congreso dos Deputados a defender publicamente a lei 24/2015 que foi aprobada por unanimidade en Cataluña e a lexislar a nivel estatal “ as 5 da PAH”:

– Dación en Pago Retroactiva.
– Alugueres Alcanzables
– Stop Desafiuzamentos.
– Vivendas Sociais.
– Suministros Garantidos.

¡ Acude ás 18:30 a Rúa do Progreso 64 con cacharros pra facer ruído, o ruído da disconformidade, non vamos estar calados ante tanta corrupción e nepotismo !

xoves, 14 de abril de 2016

Chamamento de alerta máxima desde Catalunya: A banca, as empresas subministradoras e o PP queren suspender a Lei 24/2015 que garante o dereito á vivenda e a enerxía na comunidade catalana

 A banca, as empresas subministradoras e o PP queren suspender a Lei 24/2015. | Facemos un chamamento de alerta máxima e de defensa na rúa da Lei para deter este ataque ao dereito á vivenda.

Evento:

https://www.facebook.com/events/862099643936228/ 

O martes 12 de abril o goberno en funcións de Mariano Rajoy reuniuse coa Generalitat de Catalunya na comisión bilateral entre a Generalitat e o Estado para discutir a constitucionalidade da Lei 24/2015: lei froito da ILP Vivenda, promovida pola PAH, a APE e o Observatorio DESC, e aprobada por unanimidade no Parlament o pasado mes de xullo. O prazo para recorrer a norma ao Tribunal Constitucional acaba o próximo 5 de maio. Polo tanto, si desta reunión non sae unha clara vontade para mantela vixente, existe un risco moi real de que a recorran por acordo dalgún dos consellos de ministros en funcións do mes de abril e que quede suspendida en espera de sentenza.

O PP demostrou en reiteradas ocasións que un dos obxectivos principais dos seus gobernos e acción parlamentaria é protexer os intereses da banca e das grandes empresas do oligopolio enerxético por encima dos dereitos fundamentais da poboación. Para conseguilo son capaces do que sexa necesario. Bloquearon a ILP hipotecaria estatal da PAH no Congreso en 2013, e despois levaron ao Tribunal Constitucional, esixindo a súa suspensión, todas as normas impulsadas por gobernos autonómicos sobre vivenda digna, como o Decreto Lei 6/2013 de Andalucía sobre a función social da vivenda, a Lei foral 24/2013 de Navarra de medidas urxentes para garantir o dereito á vivenda e a Lei 3/2015 de vivenda do País Vasco. Tamén con unha estratexia administrativa frenou a entrada a debate no Parlamento Galego no ano 2013 duha I.L.P por unha "Lei de Vivenda e Contra a Pobreza Enerxética" proposta polas compañeiras de Vigo e promovida polas PAH-STOP galegas.

Agora, co agravante de ser un Goberno en funcións, e como último servizo do PP á banca e ás empresas subministradoras, atacan a Lei 24/2015 de 29 de xullo, de medidas urxentes para afrontar a urxencia no ámbito da vivenda e a pobreza energética. É moi probable que o PP presente o recurso o venres 29 de abril, xa que adoita consumar estas decisións no consello de ministros anterior á data límite para presentar o recurso de inconstitucionalidade. Pero podería facelo antes.

Habitualmente, as reunións da comisión bilateral non teñen transcendencia pública e as leis que molestan aos grandes poderes fácticos recórrense o último día, cando xa non hai tempo para reaccionar. Por iso fixemos pública esta reunión e alertamos que as próximas 3 semanas son críticas e decisivas para evitar que suspendan a primeira das leis que conseguiu aprobar a PAH para acabar coa urxencia habitacional, conxuntamente con outras organizacións e grazas ao apoio masivo de miles de persoas.

Non nos quedaremos de brazos cruzados esperando que a suspendan. Advertimos publicamente ao PP que se equivoca si pensa que tombar esta lei sairalle gratis. Non permitiremos un golpe de estado dun goberno en funcións do PP, da banca e das subministradoras a unha lei que funciona, que veu para quedarse e para garantir o dereito á vivenda e aos subministros básicos.
Esta lei naceu na rúa e será a xente da rúa que a defenderá con todas as súas enerxías: ¡porque hai vidas en xogo e non nos renderemos!

Chamamos á cidadanía e a toda a sociedade a defender os dereitos que conquistamos, pero tamén facemos un chamamento aos grupos parlamentarios do Parlamento de Cataluña, onde a lei foi aprobada por unanimidade, e aos do Congreso dos Deputados a defender publicamente lei 24/2015 e a lexislar a nivel estatal "as 5 da PAH" de xeito inmediato.

Nos próximos días presentaremos unha campaña pública contra este ataque e pediremos a todo o mundo que a apoie e que se adhira.

Así mesmo anunciamos accións contundentes e continuadas contra o PP e todos aqueles partidos que se sitúen ao seu lado, contra aqueles que atacan os nosos dereitos. Sabemos que sinalar aos responsables, sexan bancos, subministradoras, gobernos ou partidos, fai moito dano á súa imaxe, especialmente en época preelectoral ou electoral.

Para rematar, convocamos á cidadanía a concentrarse ante as sedes do PP en todo o estado o vindeiro luns 18 de abril ás 18.30h.

Parecía imposible cambiar as leis inxustas, pero conseguímolo. Agora evitaremos que tomben a "Lei catalá contra a urxencia habitacional" e forzar a extensión destes dereitos ao resto da cidadanía do estado.

¡Todo o mundo a defender a Lei de todas! ‪#‎AvuiEsPot‬ ‪#‎PPatacaILP‬

[ATENTAS] Apuntaros al evento facebook para la acción del ‪#‎18A‬ en las sedes del @PPopular-> https://goo.gl/bxtGTk

 

luns, 21 de marzo de 2016

¡ Grazas unha vez máis !
A todas as que acudísedes a apoiar esta muller, e compañeira, que está vivir a dobre violencia machista e do sistema. Grazas tamén as que sodes sensibles coa loita do colectivo stop-desafiuzamentos e nos vos puidestes acercar. Sabemos que estades aí e que si o precisamos podemos contar con vos. Estamos saturados de tanta concentración e de tanta protesta, pero esta loita ten que ser así, caso a caso, e hai momentos que nos vemos saturados.

Pouco a pouco seremos quen de facer visible o sufrimento de moitas persoas que por si solas non son quen de conseguilo e vense esmagadas pola burocracia do sistema, para darlles unha axuda que non chega nin a cubrir o máis básico, unha vivenda digna, alimento e auga, e retírallela o máis mínimo fallo, deixándoas sen piedade, a súa sorte, na rúa, mentres regala inxentes cantidades de diñeiro a banqueiros e políticos corruptos. Este sufrimento e consecuencia directa do espóleo que unha minoría exerce sobre os recursos públicos e conforma o que chamaremos violencia do sistema.

O escenario crítico non mudou e sigue sendo consecuencia dunha gran estafa da que aínda non hai responsábeis. A política, a ben feita, sempre chega tarde, xa se ocupa os que lles interesa de que sexa así. Polo tanto non queda outra que seguir loitando.

De momento esta compañeira >Vítima de violencia machista e con u fillo menor con dependencia de grao III< está o amparo do Colectivo Stop-Desafiuzamentos, concretamente a vivenda grazas a solidariedade de outra compañeira do colectivo. Mentres non recupere a RAI son ten de ingresos, cobra a día 10 de mes, 139€ e con isto dificilmente cobres a manutención básica de 2 persoas.

Seguiremos a espera de que as administracións, Concello de San Cibrao das Viñas e IGVS, neste caso as dúas tuteladas polo Partido Popular. Tomen algunha decisión urxente que de proporcione estabilidade vital ante a situación que vive.


¡ HAI QUE RESCATAR PERSOAS NON SO BANCOS !

¡ Grazas a todas sen o voso apoio non é posible !

Youtube:
https://www.youtube.com/watch?v=d2pPk-cX5zA&feature=youtu.be&app=desktop





¡ UBUNTU !https://es.wikipedia.org/wiki/Ubuntu_%28filosof%C3%ADa%29

venres, 18 de marzo de 2016


¡ Chovendo !
¡ OUTRO DÍA MÁIS FOSTES SOLIDARIAS CON ESTA COMPAÑEIRA !
Grazas por non rendervos grazas por seguir a loitar, caso a caso, por seguir a formar parte de Stop-Desafiuzamentos todas xuntas conseguirémolo e de non conseguilo morreremos loitando. Bankia debe saber que non so e enfronta a unha muller pouco a pouco irá sendo causa de toda esta cidade.
Aínda non temos nada seguro EXCEPTO UNHA COUSA que non vamos a ceder. O que estamos pedindo ós responsables de Bankia é razoable, é de xustiza, máxime cando se trata dunha entidade financeira rescatada con 23.000 millóns € de diñeiro público dos nosos impostos. Negarlle a posibilidade de seguir pagando unha débeda de 7000€ e facerlle perder a casa non é razoable. É unha ataque a todos os que estamos a padecer a situación crítica que deixaron detrás da quebra financeira e que pagaremos co noso esforzo e con boa parte do futuro dos noso fillos en forma de impostos para pagar os intereses dunha débeda ilexítima.
Neste escenario ¡ RENDERSE NON É UNHA OPCIÓN !
Estade atentos, Bankia non ten consideración, para a semana é probable que teñamos que voltar.

¡ UBUNTU ! https://es.wikipedia.org/wiki/Ubuntu_%28filosof%C3%ADa%29





¡ u-las vivendas sociais ! ¡
¿logo da violencia machista ven a violencia institucional ?
Esta mañá logo de saír da concentración de Bankia e dado que temos unha compañeira VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO con un menor con un grao 3 de dependencia por autismo. Fomos, sorteando a LEI MORDAZA e coñecedores de que non temos a obriga de comunicar ningunha concentración que non supere as 20 persoas (2. A los efectos de la presente Lei, se entiende por reunión la concurrencia concertada y temporal de más de 20 personas, con finalidad determinada.)
Dirixímonos a o IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) para lembrarlle que esta tarde esta muller vítima de violencia machista vaise a rúa. Neste momento non ten ningún ingreso. Ten suspendida a RAI po non ter selado no INEM no seu momento. A pasada semana de parte de Cruz Roxa que lle deu o noso tf contactounos, a principios desta semana presentamos dúas solicitudes, explicando a situación de María, por escrito, de vivenda social no Concello de San Cibrao das Viñas, onde está censada, e no IGVS. Estamos a venres e SEREMOS A XENTE DO COLECTIVO STOP-DESAFIUZAMENTOS quen ESTA NOITE BUSCAREMOS UN TEITO para a nosa compañeira María.Grazas tamén a unha pequena Rede de Apoio Mutuo onde hai representantes de varias organizacións políticas e activistas doutras loitas que nos axudan a facernos fortes. ¡ NON ESTAMOS SOLAS !
As primeiras palabras da Xefa de area do IGVS o entrar no seu despacho foron:
¡ Que te séa la última vez !...referíase a non pedir cita.
No consentín semellante humillación de discutimos e levantámonos os compañeiros que estamos, logo entraron outras dúas compañeiras para dicirnos que esta muller VÍTIMA DE VIOLENCIA MACHISTA non conseguirá, si a consegue, vivenda social ata dentro de mes e medio.
Sentinme humillado e penso que era parte da súa postura ELITISTA.
A delegada darase conta que so lle permita a morte dicirme...
¡ que che sexa a última vez !
Mentres esperáramos o Compañeiro Oscar fixo esta foto que me compartiu.
Comentamos os dous:
- ¡ Tan transparente que non se ven ! ...as vivendas