martes, 9 de decembro de 2014

Caso urxente de exclusión social


A Plataforma Stop Desafiuzamentos de Ourense iniciará nos próximos días unha campaña de presión ás institucións para evitar que unha nai e os seus tres fillos menores fiquen sen recursos para a súa supervivencia.

O martes 9 de decembro faremos entrega na delegación do Instituto Galego de Vivenda e Solo, a Deputación de Ourense e o Concello de Ourense un chamamento a que as institucións garantan unha vida digna a esta familia que se atopa en emerxencia social. Ás 12h estaremos no IGVS en Ourense. 

As institucións non garanten a supervivencia.

Atopámonos en Ourense cunha compañeira da Plataforma en grave situación de exclusión social no horizonte do mes de xaneiro de 2015 cando deixará de percicir a Renda Activa de Inserción e aínda non terá garantías de percibir ningunha outra prestación. Rematada a orde de afastamento do seu ex-compañeiro por violencia machista esta nai de tres fill@s menores non cumpre os 'requisitos' que o IGVS lle piden para poder acceder a unha vivenda de emerxencia social.

Implicación social e mobilización.

Dende a Plataforma Stop Desafiuzamentos de Ourense facemos un chamado á participación e á implicación na loita polos dereitos desta nai e as súas fillas. Non podemos consentir un sistema que funciona a base de 'axudas de emerxencia' e que non establece ferramentas que permitan evitar casos como o que nos ocupa.

Dende Stop Desafiuzamentos esixiremos a implicación de todas as administracións públicas para procurar unha solución xusta para esta familia co prazo do 15 de decembro para obtermos resposta por parte das autoridades correspondentes. 

De non darse unha resposta/solución á situación desta muller e @s seus fill@s iniciaremos unha campaña de mobilización e denuncia na que non descartamos nengunha medida de presión sobre os responsábeis das institucións e os bancos que permanecen impasíbeis ante a desfeita das nosas vidas.

Explicaremos todo isto o martes 9 ás 12h no IGVS, ata entón pregamos máxima difusión e a presenza ali de tod@s @s que queirades dar o voso apoio e participar das próximas accións. 

A vivenda é un dereito, non un privilexio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario