mércores, 10 de decembro de 2014

Acción da plataforma - 09/12/2014


Onte estivemos diante do IGVS para reclamar unha SOLUCIÓN ao caso da compañeira:


E tamén diante do CONCELLO para pedirlle á corporación que aporte SOLUCIÓNS:

A VIVENDA É UN DEREITO, NON UN PRIVILEXIO!!!

Aquí vos deixamos o documento que se presentou nas institucións:



A/A das institucións públicas

Dirixímonos a vostede para pór no seu coñecemento a situación dunha compañeira da Plataforma Stop Desafiuzamentos Ourense con tres fill@s menores que a partir do día 10 de xaneiro non recibirá ningunha prestación e por tanto terá que escoller entre pagar as facturas ou a alimentación familiar.

Dende Stop Desafiuzamentos Ourense queremos expresar a nosa maior repulsa a un sistema que empurra cara a exclusión social a unha nai e @s seus
fill@s mentres mantén todos os privilexios dos grandes capitais e nega a vivenda como un dereito que temos as persoas polo feito de existirmos.

Neste sistema criminal no que o mercado e os bancos estas por riba da vida das persoas negámonos a aceitar que o único destino posíbel de persoas con dificuldades económicas sexa a exclusión e demandamos solucións inmediatas. A vivenda é un dereito, non un privilexio.

Antecedentes,

Atopámonos en Ourense cunha compañeira da Plataforma en grave situación de exclusión social no horizonte do mes de xaneiro de 2015 cando deixará de percicir a Renda Activa de Inserción e aínda non terá garantías de percibir ningunha outra prestación pública para facer fronte aos gastos familiares e ás facturas (alugueiro, luz, gas, etc).

Rematada a orde de afastamento do seu ex-compañeiro por violencia machista esta nai de tres fill@s menores non cumpre os 'requisitos' que o IGVS lle piden para poder acceder ao programa de vivenda das mulleres que sufren violencia machista nen parece entrar, para o sistema, en ningún dos supostos que lle permitirían acceder a unha vivenda de emerxencia social.

Semella que para as institucións públicas unha nai solteira sen ingresos e con tres fill@s menores, todos eles en tramento psicólóxico ou iniciándoo en grande parte pola situación que estan a vivir non é un caso de suficiente “emerxencia social” como para garantirlles un teito e unha vida digna.

Traballadoras de benestar social no Concello de Ourense indicaron que non poderán tramitarlle novas axudas sociais da Xunta de Galiza ata que remate a prestación da RAI o que significa que chegado o 10 de xaneiro descoñece o tempo que estará sen percibir as novas prestacións tramitadas, se é que finalmente as percibe, polo que a inseguranza e a incertidume nestes momentos provocan unha gran presión familiar e complican a xa de por si delicada situación que estan vivindo.

A 10 de xaneiro de 2015 esta nai e os seus fillos os únicos ingresos garantidos que teñen son os de manutención das tres menores que apenas son suficientes para pagar o alugueiro da actual vivenda ou para a alimentación da familia mas en ningún caso para ambas cousas, eis a situación dramática á que se enfrontan nos próximos días.

Demandamos,

Unha solución definitiva en materia de vivenda para esta familia que se plasmaría no acceso a unha vivenda de alugueiro social (1/3 das prestacións recibidas) ou na garantía de que as administracións cubrirán os gastos de vivenda actual desta familia.

A tramitación inmediata das prestacións sociais que permita a esta nai e @s seus fill@s rematar coa incertidume e a incerteza que lles provoca non coñecer que pasará despóis do 10 de xaneiro

A implicación de todas as administracións públicas para procurar unha solución xusta para esta familia.

Caso de non termos resposta antes do 15 de decembro iniciaremos mobilizacións e medidas de presión sobre ás institucións sen descartar nengunha medida ata conseguir o benestar desta nai e @s seus fill@s.


Implicación social e mobilización,
Dende a Plataforma Stop Desafiuzamentos de Ourense facemos un chamado á participación e á implicación na loita polos dereitos desta nai e as súas fillas. Non podemos consentir un sistema que funciona a base de 'axudas de emerxencia' e que non establece ferramentas que permitan evitar casos como o que nos ocupa.

De non darse unha resposta/solución á situación desta muller e @s seus fill@s iniciaremos unha campaña de mobilización e denuncia na que non descartamos nengunha medida de presión sobre os responsábeis das institucións e os bancos que permanecen impasíbeis ante a desfeita das nosas vidas.




Plataforma Stop Desafiuzamentos Ourense


Ourense, 9 de decembro de 2015

Ningún comentario:

Publicar un comentario