BOA TARDE:
Stopdesafiuzamentos-Ourense ven de coñecer por un aviso dun veciño de Ourense que unha persoa anda a recadar diñeiro no nome de stopdesafiuzamentos; ante iste feito queremos deixar claro con rotundidade que iste colectivo non está facendo ningún tipo de recadación . Tamén facemos saber que si en algún intre se precisa facer algunha recadación económica stopdesafiuzamentos-ourense faríao saber a través das redes propias e de comunicados de imprensa.
Así mesmo amosamos a nosa tristura ante unha actitude tan falta de ética e de respeto as persoas que loitan por un dereito que vai máis alá de arranxar o problema persoal extendendo esta loita a facer efectivo iste dereito como un dereito universal.
Agradecidos pola vosa atención e Por favor facédeo saber entre as vosas amizades.
¡ Bo Nadal !
Ningún comentario:
Publicar un comentario