sábado, 20 de decembro de 2014

Con Ada Colau en Compostela o 18 de decembro do 2014.
Compartimos cea e falamos de candidaturas cidadás e da súa esperiencia en Guanyem Barcelona.

A PAH súmase ás convocatorias contra a Lei Mordaza

By laplataforma on 17/12/2014

A Plataforma de Afectados polas Hipotecas adherímonos e convocamos á cidadanía a saír á rúa estes días nas diversas convocatorias que se dan en todo o estado para dicir NON á lei de seguridade cidadá, máis coñecida por lei mordaza. Esta lei aprobouse o pasado 12 de decembro polo Partido Popular no pleno do Congreso coa oposición de todos os grupos parlamentarios.

A lei de seguridade cidadá ou lei mordaza, que agora pasa ao senado para a súa aprobación definitiva, contempla actuacións e medidas que vulneran os dereitos humanos e así expresouno o comisario de Dereitos Humanos do Consello europeo.

Esiximos a derrogación desta lei, unha lei antidemocrática que considera como infraccións e/ou delitos as ocupacións pacíficas das entidades financeiras. Este tipo de accións son as ferramentas básicas da PAH, que utilizamos cada día nos máis de 220 nodos en todo o estado, e que coas que conseguimos centos de solucións habitacionales xustas e lexítimas para miles de familias.

Dende a PAH queremos dicir ben alto que non imos deixar de parar desafiuzamentos, nin de convocar por redes manifestacións e/ou accións, nin de gravar a policía cando nos agriden ou violentan. O dereito á desobediencia civil pacífica ou o dereito a manifestarse entre outros son dereitos fundamentais da cidadanía e non imos permitir que nolos quiten.

Por todo isto saímos á rúa para esixir e defender os nosos dereitos! Non á lei mordaza, non ao Partido Popular!


http://afectadosporlahipoteca.com/2014/12/17/la-pah-se-suma-a-las-convocatorias-contra-la-ley-mordaza/ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario