NON SOMOS DELITO.
(Contra a lei mordaza en todo o estado 20 decembro de 2014).
https://www.facebook.com/events/735204966570084/?pnref=story
Dende que o Goberno
anunciara as súas primeiras intencións, ata a súa versión final, o texto
sufriu importantes reformas, principalmente da man do Consello Xeral do
Poder Xudicial (CGPJ), que elaborou un informe previo sobre
o anteproxecto de Lei de Seguridade Cidadá no que poñía en dúbida a súa
constitucionalidade. Distintos expertos sinalaron que a primeira
intención do Goberno era a de lanzar un globo sonda. Globo sonda que en
palabras do avogado Eduardo Gómez Cuadrado era un elemento que afastaba o
Estado español das democracias europeas e o achegaba ao autoritarismo.
Mesmo Nils Muiznieks, comisario europeo de Dereitos Humanos, chegou a
afirmar que vixiaría de preto este proceso, afirmando: "Quero que alguén
me convenza de que unha multa de 30.000 euros por manifestarse diante
das institucións gobernamentais sen autorización é equilibrada". Non foi
a única amoestación desta índole, o 12 de xuño, o Relator Especial da
ONU sobre liberdade de reunión, Maina Kiai, expresaba a súa "grave
preocupación" sobre a actual redacción que cualifica de delito a mera
resistencia pacífica" e a ampla marxe de interpretación que se deriva do
texto en canto á incitación "a realizar accións ou ameazas de actos de
violencia". O texto tamén foi polémico por incluír sancións -entre 600 e
30.000 euros- aos que fagan fotos a policías durante as protestas, "sen
menoscabo ao dereito á información".
https://www.diagonalperiodico.net/libertades/23488-gobierno-aprueba-la-ley-sancionara-manifestarse-frente-al-parlamento.html
http://nosomosdelito.net/
CONCENTRACIÓNS CONTRA A LEI ORDAZA.
Contracións contra a lei mordaza nas 4 subdelegacións do goberno galegas e nas cidades de Vigo e Ferrol. Xoves 18 de decembro de 2014 ás 11 da mañá.
A represión dende fóra foi sostida pola represión dende dentro. O individuo sen liberdade, introyecta
aos seus dominadores e os seus mandamentos dentro do seu propio aparato
mental. A loita contra a liberdade reprodúcese a si mesma na psique do
home, como a propia represión do individuo reprimido, e á súa vez, a súa
propia represión sostén aos seus dominadores e as súas institucións. É
esta dinámica mental a que Freud revela como a dinámica da civilización.
Herbert Marcuse
Todas as clases reaccionarias
en todas as épocas históricas, cando o antagonismo entre explotador e
explotado chega á súa máxima tensión, presaxiando a chegada dun novo
réxime social, acudiron ás peores armas da represión e a calumnia contra
os seus adversarios.
Fidel Castro
Ningún comentario:
Publicar un comentario